Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...
EMPRESA COMÚN ENIAC
Período 2008-2017.
A Empresa Común ENIAC definirá e executará un programa de investigación para o desenvolvemento de competencias clave destinadas á nanoelectrónica en diferentes eidos de aplicación.
Debe perseguir dous obxectivos que forman parte substancial do Programa Estratéxico de Investigación da Plataforma Tecnolóxica ENIAC: reforzar aínda máis a integración e miniaturización dos dispositivos, e aumentar as súas funcionalidades.
Debe crear tamén novos materiais, equipos e procesos, así como novas arquitecturas, procesos de fabricación innovadores, metodoloxías de deseño «perturbadoras» («disruptive design») e novos métodos de envasado e «sistematización».
Ademais, debe impulsar e ser impulsada polas aplicaciones innovadoras de alta tecnoloxía do campo da comunicación e a informática, o transporte, a asistencia sanitaria e o bienestar, a xestión da enerxía e do medio ambiente, a seguridade e a protección, e o ocio.
Os temas e propostas poderían agruparse en catro grandes áreas:
Avances na mobilidade eléctrica
Este tema abrangue o desenvolvemento de controladores, sensores e compoñentes especializados para a seguridade dos automóbiles, tecnoloxías de proceso, tecnoloxías SiP e de envasado que satisfagan os requisitos específicos da automoción, metodoloxías de deseño, incluíndo características como a fiabilidade das predicións, a eficiencia enerxética, etc.
Aplicacións dos avances de condución en nodos de tecnoloxía CMOS N e N +1 e os seus derivados, relacionados coas tecnoloxías de embalaxe de deseño, comunicacións inalámbricas, a eficiencia enerxética no deseño e no control das aplicacións, a atención da saúde e a bio detección, etc.
Tecnoloxías de fabricación enerxeticamente eficientes e ecoloxicamente benignas.
Enerxías alternativas e redes de enerxía eficientes.
Institutos, Centros de Investigación e Universidades do ámbito da iniciativa.
ENIAC Joint Undertaking
Avenue de la Toison d´Or 56-60
1060 Bruxelles/Brussel
BELGIQUE/BELGIË
Tel: 00 32 2 221 8102
Fax: 0032 2 541 8247
E-mail: eniac@eniac.europa.eu
AENEAS
(Association for European NanoElectrics ActivitieS)
140 bis rue de Rennes
75006 Paris
FRANCE
Tel.: 00 33 1 40 64 45 80
Fax.: 00 33 1 40 64 45 89
E-mail: contact@aeneas-office.eu
© Fundación Galicia Europa
Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante