Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

EMPRESA COMÚN ARTEMIS

Base Legal

Regulamento 74/2008 de 20 de decembro de 2007, relativo á creación da Empresa Común Artemis para executar unha iniciativa tecnolóxica conxunta sobre sistemas de computación encaixados

Duración

Período 2008-2017.

Obxectivos

Trátase dunha iniciativa conxunta de partenariado público-privado entre a Comisión Europea e os 20 países europeos que forman parte de ARTEMISIA (Asociación de entidades na área de sistemas integrados).

Preténdese definir e aplicar un programa de investigación para os sistemas de computación encaixados. Financiaranse proxectos de investigación para a creación, deseño, desenvolvemento e implementación de tecnoloxías de sistemas integrados e a súa aplicación industrial en produtos, procesos ou servizos.

O obxectivo global é favorecer a emerxencia de novos mercados e aplicacións que respondan a necesidades sociais.

Eidos de actuación

A ITC (iniciativa tecnolóxica conxunta) sobre sistemas de computación encaixados debe abordar a concepción, o desenvolvemento e a implantación de sistemas informáticos e electrónicos ubicuos, interoperables e rendibles, que, ao mesmo tiempo, sexan potentes e seguros e estean bien protexidos.

Debe aportar deseños e arquitecturas de referencia que ofrezan ideas arquitectónicas comúns para gamas de aplicacións determinadas, software intermedio ou middleware que permita unha conectividade e interoperabilidade sen fisuras, e ferramentas e métodos de software de deseño integrado para o desenvolvemento e prototipación de maneira rápida.

Destinatarios

Institutos, centros de investigación e universidades do eido da iniciativa.

Socios

Deben ser consorcios de, polo menos, 3 entidades legais independentes (pemes, grandes empresas e institutos públicos de envestigación e universidades) establecidas en 3 estados membros de ARTEMIS diferentes (Austria, Bélxica, República Checa, Chipre, Dinamarca, Estonia, Finlandia, Francia, Alemaña, Grecia, Hungría, Irlanda, Italia, Letonia, Países Baixos, Noruega, Portugal, Rumanía, Eslovenia, España, Suíza e Reino Unido).

Poderán participar organizacións que non pertenzan a un país participante no programa ARTEMIS, aínda que deberán autofinanciarse.

Financiamento

Os proxectos deben financiarse tanto mediante contribucións financeiras da Comunidade e dos Estados membros de ARTEMIS como mediante contribucións en especie das organizacións de I+D que participen nos proxectos da Empresa Común ARTEMIS.

A contribución comunitaria máxima á Empresa Común ARTEMIS para cubrir os gastos de funcionamento e actividades de I+D será de 420 millóns de euros, con cargo aos créditos orzamentarios asignados ao tema ”Tecnoloxías da información e a comunicación” do programa específico ”Cooperación”, de conformidade co disposto no artigo 54, apartado 2, letra b), do Regulamento Financeiro.

Comentarios

Espérase que, como norma xeral, os proxectos teñan unha duración entre 2 e 3 anos, aínda que non hai mínimo nin máximo de duración.

As entidades deben ser independentes unhas doutras.

Son desexables proxectos de entre 6 e 15 participantes, promovéndose a participación das pemes.

Será necesaria a firma dun contrato de colaboración.

Enlaces de Interese

Contacto

CDTI Dpto. de Programas Marco de I+D
Fernando Martín Galende
Cid, 4
28006 Madrid
Tel.: 915 815 562
Fax: 915 815 586
E-mail: fmg@cdti.es

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante