Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...
FONDO EUROPEO DE ADAPTACIÓN Á GLOBALIZACIÓN (FEAG)
Regulamento (CE) Nº 546/2009 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xuño de 2009 que modifica o Regulamento (CE) Nº 1927/2006, mediante o que se crea o Fondo Europeo de Adaptación á Globalización.
Período 2007-2013.
O obxectivo principal do FEAG é o de apoiar aos traballadores que perderon os seus empregos a causa da globalización, da liberalización dos mercados ou da actual crise económica e financeira.
O FEAG pretende cofinanciar medidas activas como:
Asistencia na procura dun emprego: orientación profesional, formación, axuda á recolocación, certificación da experiencia laboral e reciclaxe profesional a medida.
Promoción do espírito emprendedor e asistencia ao establecemento por conta propia.
Asignacións específicas e de curta duración: para a procura de emprego, a mobilidade ou destinadas ás persoas que participan en programas de aprendizaxe permanente ou actividades de formación.
Calquera dos Estados membros da Unión Europea (tan só as autoridades nacionais poden solicitar formalmente estas axudas).
Cada proposta poderá ser subvencionada ata un 50% da súa contía total.
Os particulares, as organizacións representantes ou empresas que sufriran despedimentos e desexen acollerse ao Fondo deben dirixirse ás súas autoridades nacionais, neste caso o Ministerio de Traballo e Inmigración, quen presentará as solicitudes ante a Comisión.
Contacto do FEAG na Dirección Xeral de Emprego, Asuntos Sociais e Igualdade de Oportunidades da Comisión Europea:
© Fundación Galicia Europa
Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante