Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

EUREKA

Base Legal

Declaración de Hannover, aprobada na Conferencia de Ministros que tivo lugar en Hannover o 6 de novembro de 1985. É o resultado da Conferencia de 17 países membros e da Comisión Europea que tivo lugar en París o 17 de xuño de 1985.

Duración

Convocatoria permanentemente aberta.

Obxectivos

Cooperación no campo da investigación e o desenvolvemento tecnolóxico orientada á obtención de novos produtos, procesos ou servizos próximos ao mercado.

Eidos de actuación

Desenvolver un proxecto de cooperación tecnolóxica sobre un tema de interese común para os participantes, en beneficio dos seus países. O resultado deberá ser un produto, proceso o servizo de carácter civil, innovador e próximo ao mercado.

Os proxectos Eureka non teñen unha área tecnolóxica preferencia, pero, en ocasións, debido á temática dos mesmos, poden encadrarse dentro dunha das accións estratéxicas que existen:

  1. UMBRELLA (Paraugas)

    É un elemento facilitador para a creación de proxectos Eureka cuxa temática está focalizada nunha área tecnolóxica específica ou nun sector de negocio. Esta acción estratéxica é coordinada e implementada por un grupo de representates Eureka e expertos industriais ou do sector.

    Os proxectos ”Paraugas” son proxectos estratéxicos, definidos como “redes temáticas” dentro do marco de EUREKA, que están enfocados a áreas de aplicación concretas e que teñen como principal obxectivo a xeración de proxectos nesas áreas.

    Os paraugas están constituídos por representantes da rede EUREKA e por expertos nacionais, que se reúnen regularmente para presentar e intercambiar novas propostas de proxectos, e para facilitar a procura de socios. Cada certo tempo, os diferentes paraugas organizan eventos para agrupar a compañías e centros de investigación dun mesmo sector industrial, e fomentar así a xeración de proxectos na industria europea.

  2. CLUSTER

    Iniciativas industriais a longo prazo e estratexicamente significativas, que teñan un gran número de participantes e que desenvolvan tecnoloxías xenéricas que cubran toda a cadena de valor.

    Un ”cluster”, ao igual ca un proxecto ”Paraugas”, está enfocado ao desenvolvemento de subproxectos nunha área concreta, pero coa diferenza de ter organismos de xestión e organización propios dirixidos desde a contorna empresarial. Os subproxectos aprobados baixo os clusters teñen asociada a etiqueta Eureka.

    Os proxectos ”cluster” son liderados por compañías europeas dos diferentes sectores tecnolóxicos para os que se definen.

Destinatarios

Empresas, de polo menos, dous países socios de pleno dereito de Eureka, que teñan axeitada capacidade técnica, financeira e organizativa co fin de garantir o éxito tecnolóxico e comercial.

Socios

Son 38 países xunto á UE os socios de pleno dereito do programa Eureka: Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Chipre, Croacia, Dinamarca, Eslovenia, España, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, Irlanda, Islandia, Israel, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Macedonia, Malta, Mónaco, Noruega, Países Baixos, Polonia, Reino Unido, República Checa, República Eslovaca, Rumanía, Rusia, San Marino, Serbia, Suecia, Suíza, Turquía, Ucraína.

Países con NIP (Puntos Nacionais de Información):
Albania, Bosnia-Herzegovina. Poden participar no programa, pero non como socios de pleno dereito, encóntranse en vías de selo.

Estado Asociado, potenciándose a cooperación con países non europeos: Corea do Sur.

Financiamento

O financiamento é descentralizado e cada país informa aos participantes sobre os distintos instrumentos nacionais de financiación dispoñibles.

En España, o CDTI (Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxio e Industrial) ofrece créditos ás empresas españolas participantes en proxectos Eureka nas seguintes condicións:

  • Interese cero

  • Prazo de amortización ata 10 anos

  • Financiamento ata o 75% do orzamento total do desenvolvemento do proxecto

  • 33% non retornable do crédito outorgado ao tratarse dun proxecto de cooperación internacional

Os proxectos Eureka que obteñan financiamento do CDTI terán unha bonificación sobre os créditos do CDTI para proxectos de investigación e desenvolvemento, que incorporarán un tramo non reemborsable dun 33% do valor do crédito concedido.

Os participantes que desexen disfrutar deste tipo de bonificación haberán de manter ata a finalización do proxecto CDTI a etiqueta EUREKA correspondente que lles acredita para recibila.

Estas vías de financiamento son compatibles coas axudas ofrecidas polas Comunidades Autónomas.

Comentarios

Os proxectos Eureka xéranse de abaixo cara arriba, é dicir, os participantes idean e deciden as características dos proxectos, así coma o alcance e os recursos.

O programa EUREKA ten convocatoria permanentemente aberta e require un mínimo de burocracia que se executa de forma descentralizada a través da Oficina Eureka de cada país participante no proxecto. O Coordinador Nacional de Proxectos Eureka (NPC) examinará a pertinencia das propostas presentadas dentro do programa.

O CDTI ten delegada a xestión do programa EUREKA en España. Promove a participación de empresas españolas nesta iniciativa, asesorando na formulación da proposta inicial do proxecto, na búsqueda de socios, na elaboración da documentación do proxecto e no acceso a fontes de financiamento.

Os días 16-17 de marzo de 2011 terá lugar un EUREKA DAY en Corea.

Enlaces de Interese

Contacto

Centro de Desarrollo Tecnológico e Industrial (CDTI)
C/ Cid 4
28001, Madrid
Teléfonos: (34) 91 581 55 00 / (34) 91 209 55 00
Fax: (34) 91 581 55 94
Web: http://www.cdti.es
E-mail: eureka@cdti.es

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante