Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

PROGRAMA EUROPEO DE INVESTIGACIÓN EN METROLOXÍA (PEIM)

Base Legal

Decisión 912/2009/CE, de 16 de setembro de 2009 relativa á participación da Comunidade nun programa europeo de investigación e desenvolvemento en metroloxía, emprendido por varios Estados Membros.

Duración

Período 2009-2013.

Obxectivos

Persegue a financiación de proxectos transnacionais do PEIM, coa participación de varios socios, que consistan en actividades de investigación, desenvolvemento tecnolóxico, formación e difusión. Tendo en conta a concentración da capacidade no campo da metroloxía, a parte fundamental dos proxectos do PEIM será executada polos Institutos Nacionais de Metroloxía e os Institutos designados.

Eidos de actuación

Prevense:

  • A realización de proxectos PEIM que abordarán actividades de investigación, desenvolvemento tecnolóxico, formación e divulgación.

  • Bolsas para a excelencia dos investigadores.

  • Bolsas para a mobilidade dos investigadores.

  • Bolsas para a mobilidade de mozos investigadores.

  • Apoio limitado a actividades de creación de redes máis amplias co obxecto de promocionar o PEIM e intensificar a súa repercusión.

Destinatarios

Todo Estado membro e todo país asociado ao Séptimo Programa Marco.

Socios

Os Estados participantes (Bélxica, a República Checa, Dinamarca, Alemaña, Estonia, España, Francia, Italia, Hungría, os Países Baixos, Austria, Polonia, Portugal, Rumanía, Eslovenia, Eslovaquia, Finlandia, Sudecia e o Reino Unido, así como Noruega, Suíza e Turquía) e a Comisión poderán aprobar a participación de calquera outro país, sempre que se cumpran os criterios establecidos no artigo 2, letra e), e dita participación estea prevista no acordo internacional correspondente.

Financiamento

A Comunidade aportará, durante o período de duración do séptimo programa marco, unha contribución financeira equivalente á dos Estados participantes, aínda que non superior a 200 millóns de euros, que se pagará con cargo aos créditos do orzamento xeral da UE.

Comentarios

O programa está baseado no artigo 169 do TUE e complementa ao VII Programa Marco de Investigación e Desenvolvemento da UE.

Enlaces de Interese

Contacto

Iniciativa do artigo 169 EMRP
Andy Henson
Xestora do Programa Emrp
EURAMET EMRP Management Support Unit (EMRP-MSU)
NPL, Hampton Road, Teddington,
Middlesex, TX11 OLW
Reino Unido
Tel: +44 (0) 20 8943 6666
Fax: +44 (0) 20 8943 6079
E-mail: emrpa169@npl.co.uk

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante