Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

PROGRAMA CONXUNTO EUROSTARS

Base Legal

Decisión Nº 743/2008/CE do Parlamento Europeo e do Consello, de 9 de xullo de 2008, sobre a participación da Comunidade nun programa de investigación e desenvolvemento, emprendido por varios Estados membros, destinado a apoiar ás pemes que realizan actividades de investigación e desenvolvemento

Duración

Como iniciativa imbricada no Sétimo Programa Marco, Eurostars rematará canda el en 2013.

Obxectivos

Eurostars é un programa conxunto, é dicir, no que a UE participa pero cuxas actividades deben ser emprendidas por varios Estados membros, tal como se recolle no artigo 185 de Tratado de Lisboa (antigo 169 do TUE). Xorde como unha iniciativa que aúna os programas EUREKA e o Sétimo Programa Marco (7PM ).

A través de Eurostars fináncianse proxectos de investigación e desenvolvemento en consorcio, liderados por pemes intensivas en I+D , dentro de calquera área tecnolóxica e orientados ao desenvolvemento dun novo produto, proceso ou servizo.

Eidos de actuación

Os proxectos deberán ser iniciativas orientadas ao mercado, que supoñan unha ruptura co estado da técnica e un reto comercial.

Terán unha duración máxima de tres anos (agás os proxectos de biotecnoloxía, biomedicina e medicina) e os resultados haberán de introducirse no mercado en menos de dous anos, tras a finalización do proxecto.

Os proxectos poderán abordar calquera área tecnolóxica, pero deberán ter unha finalidade civil.

Destinatarios

Calquera organización pode formar parte do consorcio: pemes, grandes empresas, universidades, centros de investigación...

Requisitos:

  • a) O socio principal debe ser unha peme intensiva en I+D. É dicir, que invista en I+D máis do 10% da súa facturación, ou na que o 10% ou máis dos seus recursos humanos estén dedicados a esta actividade.

  • b) O proxecto debe involucrar, al menos, a dúas entidades de al menos dous países participantes no programa (Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Croacia, Chipre, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, España, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Holanda, Hungría, Irlanda, Islandia, Israel, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Malta, Noruega, Polonia, Portugal, Reino Unido, República Checa, Rumania, Suecia, Suiza e Turquía).

  • c) As pemes deben executar al menos o 50% dos custos da actividade principal do proxecto, aínda que esta porcentaxe pode incluir pequenas contratacións.

  • d) O consorcio deberá estar equilibrado, o que significa que ningún socio ou país deberá soportar máis do 75% dos custos totais do proxecto.

Socios

O socio principal debe ser unha peme intensiva en I+D. É dicir, que invista en I+D máis do 10 % da súa facturación ou na que o 10 % ou máis dos seus Recursos Humanos estean adicados a esta actividade.

O proxecto debe involucrar, polo menos, a dúas entidades de como mínimo dous países participantes no programa (Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Croacia, Chipre, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, España, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Holanda, Hungría, Irlanda, Islandia, Israel, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Malta, Noruega, Polonia, Portugal, Reino Unido, República Checa, Rumania, Suecia, Suíza e Turquía).

Financiamento

Cada país asume o financiamento dos seus participantes, polo tanto, a intensidade máxima de financiamento e os custos elixibles varían duns países a outros. A Comisión participará como máximo cun terzo do orzamento, cun límite de 100 millóns de euros ata 2013.

Os detalles para España están nesta ligazón.

Comentarios

Unha vez aprobada unha iniciativa que se presentou ao programa Eurostars a nivel europeo, a proposta debe presentarse a nivel nacional.

No caso de España, o coordinador nacional do programa é o Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI), que publica a convocatoria Interempresas Internacional, á que hai que presentar as propostas aprobadas en Eurostars para o seu financiamento.

O programa Eurostars está aberto de forma continua, con varias datas de peche cada ano. A seguinte convocatoria será a ”call 7” prevista para outono de 2011.

Enlaces de Interese

Contacto

Mr. Oscar Fernández Moyano
National Project Coordinator
Centre for the Development of Industrial Technology (CDTI)
Cid, 4
28001, Madrid
Tel: +34 91 581 55 18
Fax: +34 91 581 55 86
E-mail: oscar.fernandez@cdti.es

Ms. María José Tomas Sánchez
Project Officer
Centre for the Development of Industrial Technology (CDTI)
C/ Cid, 4
28001, Madrid
Tel: +34 91 581 5607
Fax: + 34 91 581 55 86
E-mail: tomas_mariajose@cdti.es

Ms. Laura Vivas Rodriguez
Project Officer
Centre for the Development of Industrial Technology (CDTI)
C/ Cid, 4
28001, Madrid
Tel: +34 91 581 04 68
Fax: +34 91 581 55 86
E-mail: vivas_laura@cdti.es

Ms. Marta Conde Vidal
Project Officer
Centre for the Development of Industrial Technology (CDTI)
Cid, 4
28001, Madrid
Tel: +34 91 581 9217
Fax: +34 91 581 5586
E-mail: conde_marta@cdti.es

Ms. Carolina Carrasco
Project Officer
Centre for the Development of Industrial Technology (CDTI)
C/ Cid, 4
28001, Madrid
tel: +34 91 581 55 40
fax: +34 91 581 55 86
E-mail: carrasco_carolina@cdti.es

EUREKA Secretariat
107 rue Neerveld, B-1200 Brussels
Tel.: +32 2 777 09 50

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante