Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...
ESPON
Período 2007-2013.
O propósito do Programa ESPON 2013 é apoiar o reforzo da política rexional con estudos, datos e observación sobre o desenvolvemento das tendencias xerais, considerado unha necesidade para avaliar o desenvolvemento e execución dos Fondos Estruturais 2007-2013.
A súa misión é apoiar o desenvolvemento político en relación co obxectivo da cohesión territorial e o desenvolvemento harmonizado do territorio europeo por medio da achega de información comparable, análises obxectivas e escenarios sobre as dinámicas territoriais, así como revelando o capital territorial e a potencialidade para o desenvolvemento de rexións e territorios máis amplos contribuíndo á competitividade de Europa, á cooperación territorial e ao desenvolvemento sustentable e equilibrado.
O programa ESPON 2013 desenvolve as súas accións a través de 5 prioridades:
Prioridade 1: Investigación Aplicada en Desenvolvemento Territorial, Competitividade e Cohesión: aplicabilidade de investigacións en distintos temas sobre as dinámicas territoriais europeas, subministrando feitos cientificamente probados e evidencias a nivel das rexións e as cidades. Estes resultados permiten avaliar as fortalezas e debilidades de rexións individualizadas e cidades no contexto europeo. O impacto das políticas europeas será outra área de análise importante.
Prioridade 2: Análises focais na demanda de usuarios: Un dos obxectivos desta prioridade é prover evidencia e coñecemento baseado nos resultados ESPON sobre as fortalezas e debilidades de rexións individuais e/ou territorios máis amplos vistos desde unha perspectiva europea ou desde unha perspectiva global, dando ás rexións europeas a oportunidade de compararse con outras rexións e así atopar as súas vantaxes comparativas para o desenvolvemento e a cooperación. Por outra banda, búscase mellorar a utilidade dos resultados ESPON testando novas opcións. Tamén perseguen proporcionar apoio analítico e evidencia baseada nos resultados de ESPON sobre prioridades temáticas en cooperación con outros programas de Fondos Estruturais.
Prioridade 3: Plataforma Científica e Ferramentas: O desenvolvemento dunha plataforma científica utilizando a base de datos do proxecto ESPON. Esta prioridade configura un elemento nuclear para a continuidade do programa e o seu rendemento a longo prazo. Con iso perséguese a consolidación da base de coñecemento territorial necesaria para a formulación e aplicación de políticas ben fundadas. Por outra parte, procúrase responder ás necesidades de acceso público á base de datos ESPON e ás súas ferramentas, así como asegurar a dispoñibilidade de datos comparativos a nivel rexional.
Prioridade 4: Capitalización, propiedade e participación: inclúe actividades de publicación dos resultados nos medios, seminarios ou talleres, así como mellorar e consolidar a propiedade do coñecemento xerado polo programa. Ademais, inclúe promover a recepción de feedback sobre a utilidade e o uso dos resultados en práctica. Asegurar a transferabilidade dos resultados mediante a provisión de evidencia compacta, escrita e facilmente comprensible sobre o coñecemento territorial construído no exercicio do ESPON.
Prioridade 5: Asistencia técnica, apoio analítico e comunicación para asegurar a xestión do programa e a aplicación dos resultados no nivel de políticas.
Entidades públicas (Administracións estatais, axencias, universidades, cámaras, autoridades locais ou rexionais), establecidas en Estados membros, Noruega, Liechtenstein, Islandia e Suíza.
Nalgúns casos pódense concurrir entidades privadas.
Son necesarios socios doutros países que participen no programa.
O orzamento do programa, no período 2007-2013, conta con 47 millóns de euros, que son achegados nun 75% polo fondo FEDER baixo o obxectivo 3 para a Cooperación Territorial. O 25% restante finánciase coas achegas dos 31 países participantes (27 Estados membros da UE, xunto con Islandia, Liechtenstein, Noruega e Suíza).
Para cada unha das prioridades o regulamento observa taxas de financiamento diferentes. Para a prioridade 1 a porcentaxe máxima cofinanciada será dun 90%, dun 80% para a prioridade 2, dun 85% para a prioridade 3, un 79% para a prioridade 4 e, finalmente para a prioridade 5 un 25%.
Polo xeral os proxectos duran 18 meses.
As temáticas dos proxectos varían en cada convocatoria.
ESPON 2011 ten formado un grupo no portal web de Linkedin.
Caroline Clause
ESPON: Unidade de coordinación: CRT HT- PO Box 114
L-4221 Esch-sur-Alzette
LUXEMBOURG
Teléfono: +352545580700
E-mail: info@espon.lu
© Fundación Galicia Europa
Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante