Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

INSTRUMENTO FINANCEIRO DE COOPERACIÓN COS PAÍSES INDUSTRIALIZADOS E PAÍSES E TERRITORIOS DE RENDA ALTA

Base Legal

Regulamento (CE) nº 1934/2006 do Consello, de 21 de dicembro de 2006, polo que se establece un instrumento de financiación da cooperación cos países e territorios industrializados e outros países e territorios de renda alta.

Duración

Período 2007-2013.

Obxectivos

Este instrumento está destinado a apoiar calquera tipo de cooperación cos países industrializados e cos demais países e territorios de renda alta nos que a UE sexa competente, tanto se se trata de cooperación bilateral como rexional ou multilateral. Refírese, fundamentalmente, á cooperación económica, financeira e técnica.

Eidos de actuación

Levaranse a cabo as seguintes accións:

  • Favorecer a cooperación, as asociacións e as empresas mixtas entre axentes económicos, universitarios e científicos das dúas partes.

  • Estimular o comercio bilateral, os fluxos de inversión e as asociacións económicas.

  • Favorecer o diálogo entre axentes políticos, económicos e sociais das dúas partes.

  • Fomentar os vínculos entre os pobos e entre os programas de educación e formación.

  • Promover proxectos executados en cooperación nos ámbitos de investigación, ciencias e tecnoloxía, enerxía, transporte e medio ambiente, así como calquera outro ámbito que presente un interese común para a Comunidade e os países socios.

  • Reforzar o coñecemento, a comprensión e a visibilidade da UE ante os países socios.

Destinatarios

As entidades que poderán beneficiarse de financiamento son, entre outras, as seguintes:

  1. Os países socios, as súas rexións, as súas institucións e os seus órganos descentralizados.

  2. As organizacións internacionais e rexionais, se contribúen aos obxectivos do regulamento.

  3. Os organismos conxuntos instituídos polos países socios, as rexións e a Comunidade.

  4. As axencias da UE.

Socios

Os lugares obxecto deste instrumento son: Australia, Bahrein, Brunei, Canadá, Taipei Chino, Hong Kong, Xapón, Corea do Sur, Kuwait, Macao, Nova Celandia, Omán, Qatar, Arabia Saudí, Singapur, Emiratos Árabes Unidos e Estados Unidos.

Financiamento

O orzamento total para este período é de 172 millóns de euros.

Os proxectos e programas de cooperación serán financiados con cargo ao presuposto xeral da Unión Europea, na súa totalidade ou en forma de cofinanciamento con outras fontes.

Na execución dos programas de acción, o financiamento poderá adoptar en particular unha das seguintes formas xurídicas:

a) Convenios de subvención (incluídas bolsas)

b) Contratos públicos

c) Contratos de traballo

d) Convenios de financiamento

Comentarios

Este instrumento substitúe ao Regulamento (CE) 382/2001 do Consello referido á realización de proxectos que promovan a cooperación e as relacións comerciais entre a Unión Europea e os países industrializados de Norteamérica, Extremo Oriente e Australasia.

Enlaces de Interese

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante