Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

INVESTIR NAS PERSOAS

Base Legal

Comunicación COM(2006) 18 final da Comisión ao Consello e ao Parlamento Europeo no 25 de xaneiro do 2006.

Duración

Período 2007-2013, dividido en dúas fases: 2007-2010 e 2011-2013.

Obxectivos

A promoción do desenvolvemento persoal e social, de maneira que se complementan as estratexias a nivel rexional e nacional en consonancia cas metas marcadas polos Obxectivos do Milenio e o Consenso Europeo en desenvolvemento.

Eidos de actuación

Levaranse a cabo os seguintes eidos:

  • Saúde sexual e enfermidades habituais en países pobres

    Mobilizar bens públicos para combater enfermidades, apoiar medidas sanitarias innovadoras, mellorar o marco normativo, fomentar a concienciación pública e política e a educación e mellorar os recursos técnicos.

  • Igualdade de Xénero

    Apoiar os varios programas que contribúen á consecución dos obxectivos da Declaración de Beijing. Apoiar os esforzos da sociedade civil, fomentar a inclusión da perspectiva de xénero nas estatíticas.

  • Educación

    Apoiar a países de renda baixa no desenvolvemento das súas políticas educativas, promover a formación recíproca por medio de intercambios internacionais de experiencias e boas prácticas, promover a cooperación transnacional e a mobilidade de estudiantes e investigadores a nivel internacional, desenvolver un máis amplo marco de supervisión e avaliación de datos, promover a escolarización de nenos en situación marxinal ou vulnerable.

  • Emprego e cohesión social

    Promover a axenda ”traballo digno para todos”, por medio de iniciativas globais e multinacionais, apoiar iniciativas que fomenten a mellora das condicións de traballo así como a adaptación á liberalización do comercio, promover a dimensión social da globalicación e a experiencia da UE.

  • Cultura

    Achegar pobos e culturas nun equilibrio igualitario á vez que se preserva a diversidade, promover unha maior cooperación internacional para explotar nun grao maior o potencial económico do sector cultural.

  • Xuventude e infancia

    Concienciar aos paises en temas relacionados ca xuventude e a infancia e mellorar as súas capacidades para tratar estes temas na súa acción externa, apoiar iniciativas rexionais, interrexionais e globais en áreas clave, como a prevención do traballo infantil, o tráfico de persoas ou a violencia sexual, apoiar as redes de traballo xuvenil, apoiar os esforzos para apoiar aos mozos e nenos en situacións e rexións onde a cooperación bilateral sufre limitacións, apoiar a supervisión de datos, o desenvolvemento de políticas,o intercambio de información, as campañas de concienciación e iniciativas innovadoras en todas as areas que afecten á mocidade e a infancia.

Destinatarios

Autoridades locais, organizacións internacionais e actores non estatais.

Financiamento

541 millóns de euros para o peróodo 2007-2010.

Enlaces de Interese

Contacto

E-mail: EuropeAid-F3-THEMATIC-PROGRAMMES-DEV@ec.europa.eu

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante