Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

METP - PROGRAMA DE INTERCAMBIO E FORMACIÓN DE DIRECTIVOS UE-CHINA

Duración

Período 2006-2010.

Obxectivos

METP (do inglés EU-China Managers Exchange and Training Programme) é un proxecto intergobernamental de 5 anos de duración posto en marcha en 2006 coa iniciativa da Comisión Europea e o Goberno da República Popular de China. As súas finalidades son:

  • Apoiar o proceso de reforma chinés e promover o mutuo entendemento entre China e a UE mediante o desenvolvemento dos Recursos Humanos.

  • Satisfacer a demanda de cooperación entre a UE e China na mellora da xestión e intercambio cultural dos actores clave, tanto en sectores que busquen beneficios coma os sen ánimo de lucro.

Eidos de actuación

A totalidade do programa abrangue as seguintes accións: formación de directivos chineses e europeos, desenvolvemento de capacidades e habilidades interculturais, cooperación coa EUCMA - Asociación de directivos da UE-China e capacitación das institucións chinesas.

Durante o METP, os directivos europeos elixidos reciben sete meses de formación en idioma chinés comercial e formación intercultural, asisten a seminarios deseñados á súa medida e realizan visitas a compañías, cidades e organismos administrativos chineses. Así mesmo, os participantes realizan prácticas profesionais de tres meses nunha empresa do país.

Destinatarios

Poden acollerse a este programa pemes, empresarios independentes e organizacións non gobernamentais (ONG).

Financiamento

O orzamento total do programa é de 23 millóns de euros, dos que a UE achega algo máis de 17.

Comentarios

Os graduados recibirán un diploma oficial asinado polo embaixador da UE en China.

Enlaces de Interese

Contacto

METP Beijing Office
Suite 507, Towercrest Praza (Xinhengji Dasha)
100016, PR CHINA- Beijing
Tel.: 86-10-8458 0585
Fax: 86-10-8458 0965
E-mail: info@metp.net.cn

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante