Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...
COORDINACIÓN PANEUROPEA DE MÉTODOS DE INTEGRACIÓN DA POBOACIÓN ROMANÍ
Proxecto piloto de 2009.
A Comisión Europea en conxunto cos Estados membros están levando a cabo numerosas actividades en favor dos grupos desfavorecidos e, en particular, da poboación romaní. Non obstante, ténse apreciado que o nivel de eficacia é relativamente baixo e hai pouca coordinación a nivel paneuropeo no que respecta ás actividades destinadas a contribuír á integración destas vilas. Por iso a Comisión decidiu unha nova liña orzamentaria coa seguinte denominación: ”Proxecto piloto: Actividades paneuropeas en favor da integración da poboación romaní e coordinación dos correspondentes métodos de integración”.
O obxectivo do proxecto piloto é dar un novo enfoque á formación e a educación das comunidades romaníes, empezando polos nenos en idade preescolar e a través dunha maior educación das nais máis novas ata chegar á formación e a educación de adultos.
O proxecto piloto basearase na comprensión actual dos problemas das comunidades romaníes na Unión Europea pondo énfase nas mellores prácticas existentes neste eido en toda a súa complexidade e aproveitando todas as sinerxias.
5 millóns de euros.
Na estratexia de desenvolvemento rexional da UE aplicáronse varias políticas horizontais, das cales unha das máis importantes é o desenvolvemento das comunidades romaníes.
© Fundación Galicia Europa
Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante