Programa
REDES TRANSEUROPEAS DE ENERXÍA (TEN-E)
Base Legal
Regulamento nº 680/2007 (CE), do Parlamento Europeo e do Consello, de 20 de xuño de 2007, polo que se determinan as normas xerais para a concesión de axudas financeiras comunitarias no eido das redes transeuropeas de transporte e enerxía.
Decisión nº 1364/2006/CE pola que se establecen orientacións sobre as redes europeas no sector da enerxía e pola que se derogan a Decisión 96/391/CE e a Decisión nº 1229/2003/CE.
Duración
Período 2007-2013.
Obxectivos
O seus obxectivos son:
- Promover a interconexión, a interoperabilidade e o desenvolvemento de redes transeuropeas de transporte de electricidade e de gas como instrumento clave para o funcionamento do mercado interior.
- Reforzar a seguridade do abastecemento enerxético a través da interoperabilidade coas redes enerxéticas de terceiros países (países adherentes ou candidatos, países de Europa, de Oriente Medio ou da rexión do Golfo).
- Contribuír a reducir o illamento das rexións menos favorecidas, insulares, sen litoral e periféricas, co que se reforza a cohesión territorial dentro da Unión Europea.
- Favorecer o desenvolvemento sostible, especialmente mediante unha mellor conexión das instalacións de produción de enerxías renovables, así como mediante a utilización de tecnoloxías máis eficaces que limiten as perdas e os riscos ambientais vinculados ao transporte e á transmisión de enerxía.
Eidos de actuación
O programa establece 3 liñas de actuación:
- Proxectos de interese común: relativos ás redes de gas e electricidade, á seguridade do seu abastecemento e á cohesión territorial.
- Proxectos prioritarios: centrados en actuacións sobre o mercado interno e as enerxías renovables.
- Proxectos de interese europeo: iniciativas a nivel transnacional.
Destinatarios
Un ou varios Estados membros, un ou varios organismos así como empresas públicas ou privadas, unha ou varias organizacións internacionais ou unha empresa común, sempre e cando teñan o acordo de todos os Estados membros directamente afectados polo proxecto presentado.
Socios
Non se require un número mínimo de socios aínda que boa parte das Redes Transeuropeas se centran nas conexións transfronteirizas polo que se requerirá o acordo das autoridades responsables das redes nacionais.
Financiamento
A previsión de financiamento comunitaria para 2011 é de 24 millóns de euros.
Comentarios
Non se trata dun programa clásico senón dunha liña de financiamento para grandes infraestruturas de enerxía que consigan mellorar a integración das distintas redes nacionais.
Enlaces de Interese
Contacto
European Commission
Directorate-General Energy – DM 28/110
Avenue du Bourget, 1
B-1140 Brussels
Belgium