Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...
COOPERACIÓN TERRITORIAL TRANSFRONTEIRIZA: ESPAÑA - PORTUGAL
Período 2007-2013.
O programa adoptado é herdeiro das tres xeracións de programas INTERREG.
O seu obxectivo global é desenvolver máis e ampliar as zonas de ambos países con fronteiras comúns, atendendo ás prioridades definidas polo novo obxectivo de cooperación territorial europea. Isto marca un cambio substancial con respecto aos programas anteriores, xa que se fai especial fincapé en mellorar a conectividade e as infraestruturas básicas das zonas fronteirizas e en definir un novo enfoque para aumentar a competitividade, fomentar o emprego e reforzar a integración socioeconómica e institucional nas rexións fronteirizas.
De conformidade cos obxectivos da Estratexia de Lisboa e da Estratexia de Göteborg, as directrices estratéxicas do POCTEP 2007-2013 sinalan ao desenvolvemento de actividades transfronteirizas conxuntas nos ámbitos económico, social e medioambiental, que persigan un desenvolvemento territorial sostible, principalmente a través de:
Apoio e estímulo ás actividades empresariais, a expansión das pemes e o desenvolvemento do turismo, a cultura e o comercio transfronteirizos.
Xestión e protección conxuntas do medio ambiente e prevención de riscos.
Apoio á conectividade entre zonas urbanas e rurais e á redución do illamento mellorando o acceso aos transportes, a información e as redes de comunicación, así como o acceso transfronteirizo á subministración de enerxía e auga e aos servizos de xestión dos residuos.
Apoio á cooperación para o desenvolvemento e uso conxunto de infraestruturas, equipos e servizos comúns en ámbitos como a sanidade, a cultura e a educación.
O Programa estrutúrase en 4 eixes prioritarios de actuación:
Cooperación e xestión conxunta para o fomento da competitividade e promoción do emprego: cunha dotación de 93,63 millóns de euros de axuda FEDER poderanse desenvolver actuacións para promover a implantación de estruturas mixtas de innovación e desenvolvemento tecnolóxico, dinamizar a sociedade da información e economías locais e promover as relacións entre empresas e asociacións empresariais e comerciais.
Cooperación e xestión conxunta en medio ambiente, patrimonio e prevención de riscos: destinaranse uns 76,754 millóns de euros de axuda FEDER, para apoio a infraestruturas e servizos ambientais coordinados, (protección, conservación e valorización do medioambiente), xestión conxunta de recursos humanos e materiais en situación de catástrofes, promoción local de recursos culturais e impulsar os produtos turísticos comúns que se asenten en recursos ambientais, así como proxectos de utilización compartida de recursos enerxéticos.
Cooperación e xestión conxunta en ordenación do territorio e accesibilidades: as actuacións dirixiranse a reforzar a integración territorial, desenvolver a cooperación entre áreas urbanas e rurais, mellorar as conexións transfronteirizas no ámbito rexional e local, e planificación dunha rede conxunta de infraestruturas logísticas. A dotación financeira deste eixe é de 58,173 M euros de axuda FEDER.
Cooperación e xestión conxunta para a integración socioeconómica e institucional: os recursos dispoñibles ascenden a 22,80 millóns de euros de axuda FEDER, destinados a promover a utilización conxunta de equipamentos e servizos sociais educativos, económicos, sanitarios, administrativos... así como a potenciar a eficacia das redes de cooperación existentes no ámbito municipal, empresarial, social e institucional.
O Programa divídese, ademais, en 5 áreas de cooperación xeográfica co fin de respectar as particularidades dos territorios da maior fronteira interior da Unión Europea:
A estas áreas, engádese, ademais unha área de cooperación nacional ou plurirregional que recolle as estratexias de cooperación transfronteiriza non incluídas nas anteriores.
Organizacións e Administracións públicas do territorio fronteirizo entre España e Portugal, formado por 17 NUT III:
354 millóns de euros, dos cales 267,4 (75,5%) son financiados a través do FEDER.
Autoridad de Gestión
Dirección General de Fondos Comunitarios del Ministerio de Economía y Hacienda
Paseo de la Castellana 162 – Planta 20
28071 Madrid
Tel.: 00 34 91 583 00 68
Fax : 00 34 91 583 73 17
Web: www.dgfc.sgpg.meh.es/index.jsp
Secretariado Técnico Conjunto
C/ Luis Álvarez Lencero, 3 Planta 3a, Oficina 13
06011 Badajoz
Tel. : 00 34 924 205 958
Fax: 00 34 924 222 816
E-mail: stc@poctep.eu
Web: www.poctep.eu
© Fundación Galicia Europa
Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante