Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Base Legal

Decisión Nº 1982/2006/CE do Parlamento Europeo e do Consello relativa ao Sétimo Programa Marco da Comunidade Europea de investigación e desenvolvemento tecnolóxico e demostración (2007-2013)

Regulamento (CE) Nº 1906/2006 do Parlamento Europeo e do Consello polo que se establecen as normas de participación de empresas, centros de investigación e universidades nas acción do Sétimo Programa Marco, e as normas de difusión dos resultados da investigación (2007-2013)

Duración

Período 2007-2013.

Obxectivos

O Sétimo Programa Marco prestará apoio a un amplo abano de actividades relacionadas coa investigación e o desenvolvemento tecnolóxico e levarase a cabo mediante programas e accións concretos.

Eidos de actuación

O 7PM está dividido en catro programas específicos:

  1. COOPERACIÓN: Prestar apoio a toda a gama de actividades de investigación realizadas mediante formas de cooperación transnacional nos seguintes campos temáticos:

    • Saúde

    • Alimentos, agricultura e pesca, e biotecnoloxía

    • Tecnoloxías da información e a comunicación

    • Nanociencias, nanotecnoloxías, materiais e novas tecnoloxías de produción
    • Enerxía

    • Medio ambiente (incluído o cambio climático)

    • Transporte (incluída a aeronáutica)

    • Ciencias socioeconómicas e humanidades

    • Espazo

    • Seguridade

  2. IDEAS: Apoio á investigación ”impulsada polos investigadores” realizada en todos os campos por equipos nacionais ou transnacionais independentes que compitan a nivel europeo.

  3. PERSOAS: Fortalecemento, cuantitativo e cualitativo, do potencial humano da investigación e do desenvolvemento tecnolóxico en Europa, así como o estímulo da mobilidade.

  4. CAPACIDADES: Apoio a aspectos clave da capacidade de investigación e innovación europea:

    • Infraestruturas de investigación

    • As agrupacións rexionais impulsadas pola investigación

    • O desenvolvemento de todo o potencial investigador das rexións comunitarias de converxencia e ultraperiféricas

    • Investigación destinada as pequenas e medianas empresas (pemes)

    • As cuestións de ”Ciencia e sociedade”

    • Apoio ao desenvolvemento coherente das políticas

    • Actividades ”horizontais” de cooperación internacional


O 7PM tamén apoiará determinadas accións científicas e técnicas directas de carácter non nuclear executadas polo Centro Común de Investigación (CCI).

Destinatarios

Centros e equipos de investigación, universidades, empresas e administracións (dependendo do programa específico). Na maioría das iniciativas, as solicitudes deben ser presentadas por consorcios internacionais formados por un mínimo de tres socios de distintos países y en los que el CCI puede participar.

Financiamento

Un orzamento total de 50.521 millóns de euros para o período 2007-2013, dividido do seguinte xeito:

  1. Cooperación: 32.413 millóns de euros

  2. Ideas: 7.510 millóns de euros

  3. Persoas: 4.750 millóns de euros

  4. Capacidades: 4.097 millóns de euros

  5. Centro Común de Investigación (CCI): 1.751 millóns de euros.

Enlaces de Interese

Contacto

Centro de Desarrollo Tecnológico e Industrial (CDTI)
C/ Cid 4
28001, Madrid
Teléfonos: (34) 91 581 55 00 / (34) 91 209 55 00
Fax: (34) 91 581 55 94
Web: http://www.cdti.es

Servicio de apoio para propiedade intelectual:
IPR-Helpdesk- Edificio Germán Bernácer
Universidad de Alicante- P.O. Box 99
03080 Alicante
ESPAÑA
Tel.: : +34 965 90 97 18
Fax: +34 965 90 97 15
Web: http://www.ipr-helpdesk.org/index.html
E-mail: ipr-helpdesk@ua.es

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante