Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...
SAFER INTERNET
Período 2009-2013.
Promover unha utilización máis segura da Internet e doutras tecnoloxías da comunicación, en especial para os nenos.
O programa executarase a través de catro liñas de acción xerais:
Sensibilizar á poboación e difundir información sobre a seguridade no uso das tecnoloxías en liña.
Loitar contra os contidos ilícitos e os comportamentos nocivos en liña.
Promover unha maior seguridade na navigación pola Rede.
Establecer unha base de coñecementos para abordar dun xeito apropiado os usos, tanto existentes como emerxentes, do entorno de liña e os seus riscos e consecuencias.
O Programa está aberto á participación das entidades legais establecidas nos Estados membros, así como en Islandia, Noruega e Liechtenstein; nos países en vías de adhesión e nos países candidatos que se beneficien dunha estratexia de preadhesión (Croacia, Turquía e a Antiga República de Macedonia); nos países dos Balcáns occidentais e na veciñanza euroepa.
O programa vai dirixido tamén a organizacións internacionais e ás entidades legais establecidas en terceiros países distintos dos xa mencionados.
Un orzamento total de 55 millóns de euros para o período 2009 – 2013.
Cada ano, no mes de febreiro celébrase en diversos países de Europa e do mundo o Día da Internet Segura.
Contact Information Society Directorate–General’s eContent e Safer Internet Unit
Sr. Richard Swetenham
Safer Internet, EUFO 1194
Comisión Europea, Luxemburgo
Fax: +352 4301 34079
E-mail: saferinternetplus@ec.europa.eu
© Fundación Galicia Europa
Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante