Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

SWITCH ASIA

Base Legal

Estratexia rexional para Asia 2007-2013 da Comisión Europea, baseada na comunicación da Comisión Europea COM (2001) 469 final ”Un marco estratéxico para consolidar as asociacións entre Europa e Asia”.

Duración

Período 2007-2013.

Obxectivos

  • Promover o uso de tecnoloxías e prácticas respectuosas co medio ambiente.

  • Promover o cambio cara modos de consumo de produtos e servizos menos daniños co medio ambiente.

  • Reforzar e levar a cabo instrumentos legais en materia medioambiental e de seguridade.

  • Desenvolver e aplicar instrumentos económicos que apoien o consumo e a produción sostible.

Destinatarios

Asociacións de ONG que poñan en marcha proxectos de cooperación no eido do desenvolvemento sostible entre Europa e Asia, tales como cámaras de comercio, asociacións industriais e profesionais, administracións públicas a nivel rexional ou local, centros de investigación e axencias de desenvolvemento.

Estas organizacións deben mostrar capacidade para atraer un grande número de pemes ou grupos de consumidores. As propostas con intermediarios como asociacións de empresas, asociacións industriais, minoristas ou cámaras de comercio serán especialmente benvidas.

Socios

Esíxese un mínimo de dous socios, un asiático e outro europeo.

Países europeos que poden participar: Austria, Bélxica, Bulgaria, Chipre, República Checa, Dinamarca, Estonia, Finlandia, Francia, Alemaña, Grecia, Hungría, Irlanda, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Malta, Holanda, Polonia, Portugal, Romanía, Eslovaquia, Eslovenia, España, Suecia, Reino Unido.

Países asiáticos que poden participar: Afganistán, Bangladesh, Bhutan, Camboia, China (excluíndo Hong Kong, Macao, e Taiwan), India, Indonesia, Corea do Sur, Laos, Myanmar, Malasia, Maldivas, Mongolia, Nepal, Pakistan, Filipinas, Sri Lanka, Tailandia, Vietnam. Organizacións de Hong Kong, Macao, Taiwan, Brunei e Singapur tamén poderán participar como socios.

Financiamento

Este programa ten un presuposto para este período de 150 millóns de euros. Finánciase con cargo ao Instrumento de Financiamento da Cooperación ao Desenvolvemento, sendo os 30 proxectos elixidos cofinanciados nun 80 ou 90%.

Enlaces de Interese

Contacto

European Commission
EuropeAid Co-operation Office
B - 1049 Bruxelles/Brussel
BELGIQUE/BELGIË
Email: EUROPEAID-info@ec.europa.eu

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante