Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...
PROMOCIÓN DOS PRODUTOS AGRÍCOLAS COMUNITARIOS DENTRO E FÓRA DA UE
Período 2007-2013.
Financiar parcialmente programas de información e promoción dos produtos agrícolas comunitarios dentro do mercado comunitario e fóra del. Non poden optar ao cofinanciamento da UE programas de promoción de produtos de marcas comerciais. Calquera referencia á orixe dos produtos debe ser secundaria en relación coa mensaxe principal, aínda que pode mencionarse a orixe dos produtos que contan cunha denominación amparada pola normativa comunitaria (DOP, IGP, ETG ou produto ecolóxico).
No mercado interior as accións contempladas son:
En terceiros países, estas accións poden igualmente adoptar a forma de:
Organizacións profesionais representativas do sector correspondente nun ou varios Estados membros. Esta liña de axudas non suporá prexuízo ás campañas que a Comisión Europea e os Estados membros lancen pola súa conta. Tanto nas accións promocionais da Comisión ou dos Estados membros como das organizacións profesionais poderán intervir axencias de comunicación ou publicidade.
A participación da UE non superará o 50% do custo total do programa, mentres que a organización ou organizacións solicitantes financiarán polo menos o 20%. O resto do financiamento correrá a cargo do Estado membro, malia que estas proporcións poden variar para determinados produtos ou propostas.
Dúas veces ao ano as autoridades nacionais publican distintas convocatorias de propostas para as organizacións interesadas, que teñen ata o 30 de novembro para enviar as súas propostas de actuación dentro da UE, e ata o 31 de marzo para os mercados non europeos. O organismo nacional correspondente, neste caso o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño (MARM), envía unha lista coas propostas seleccionadas á Comisión Europea, quen decidirá as accións que recibirán fondos europeos.
© Fundación Galicia Europa
Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante