Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

VULCANUS

Duración

Convocatoria anual.

Obxectivos

•Achegar aos mozos europeos ao mercado nipón, proporcionándolles unha formación exhaustiva en materia lingüística, cultural e de formación profesional nos seus ámbitos de estudo respectivos, especialmente en tecnoloxías.

• Ofrecer ás empresas europeas a posibilidade de acoller en prácticas a un estudante xaponés durante oito meses.

Eidos de actuación

Bolsas de formación e prácticas para estudantes europeos no ámbito das telecomunicacións, enxeñerías, informática e estudos científicos en xeral. A estancia consiste en: un seminario dunha semana de duración en Xapón, catro meses de curso intensivo de xaponés e oito meses de prácticas nunha empresa xaponesa.

O Vulcanus en Europa abrangue un curso intensivo de idioma de 15 semanas para preparar ao bolseiro para se comunicar no ámbito laboral da empresa de acollida, un seminario en Bruxelas para familiarizalo coa Unión Europea, a súa cultura e a súa industria e 8 meses de prácticas na empresa asignada.

Destinatarios

Mozos europeos que cursen polo menos o terceiro ano de carreira universitaria.

No caso do programa en Europa, poderá enviar a súa candidatura toda empresa europea do sector industrial, teña establecido ou non contactos profesionais no Xapón.

Financiamento

Os estudantes recibirán case 17.000 € en concepto de gastos de viaxe e manutención en Xapón durante ese ano. Os cursos e seminarios son gratuítos e a vivenda corre a cargo do EU-Japan Centre.

No caso de empresas europeas que acollan estudantes xaponeses, o centro UE-Xapónfinancia o curso de idioma de 15 semanas e un seminario en Bruselas sobre a UE, ademais de pagar ao bolseiro unha cantidade para cubrir os gastos de viaxe e aloxamento

Enlaces de Interese

Contacto

Office in Europe
Rue Marie de Bourgogne 52.
B-1000 Bruxelles/Brussel
BELGIQUE/BELGIË
Tel: +32 (0)2 282 00 40
Fax: +32 (0)2 282 00 45

Head Office in Japan
Round-Cross Ichibanchou 4F.13-3 Ichibancho.Chiyoda-ku
Tokyo 102-0082
JAPAN
Tel: +81 (0)3 3221 6161
Fax: +81 (0)3 3221 6226

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante