Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...
PROGRAMA DE ACCIÓN COMUNITARIA NO EIDO DA POLÍTICA DE CONSUMO
Período 2007-2013.
Asegurar un alto nivel de protección dos consumidores, sobre todo mediante o aumento da información ao consumidor en relación aos datos, mellores consultas e mellor representación dos intereses dos consumidores.
Asegurar a efectiva aplicación das normas de protección dos consumidores, sobre todo a través da cooperación entre autoridades e organizacións responsables da posta en práctica da lexislación de consumo, información, educación e resolución de conflitos.
Recolección, intercambio e análise dos datos e información que provea un coñecemento de base para o desenvolvemento da política de consumidores, e para a integración dos intereses de consumo noutras políticas comunitarias.
Recolección, intercambio e análise dos datos e información, e desenvolvemento da avaliación das ferramentas que provean un coñecemento de base na seguridade dos produtos e servizos de consumo, incluíndo exposicións de consumo das emisións químicas dos produtos, riscos e danos en relación con específicos produtos e servizos de consumo, e análises técnicas sobre as notificacións de alerta.
Apoio ao asesoramento científico e á avaliación de riscos, incluíndo as tarefas dos comités científicos independentes establecidos pola Decisión 2004/210/CE da Comisión.
Preparación de iniciativas lexislativas e outras iniciativas reguladoras e promoción das iniciativas co-reguladoras e autorreguladoras.
Contribucións financeiras ao funcionamento das organizacións europeas en materia de consumo.
Contribucións financeiras ao funcionamento das organizacións europeas en materia de consumo que representen intereses de consumo no desenvolvemento dos niveis de calidade dos produtos e servizos a nivel comunitario.
Capacidade de construción polas organizacións de consumidores a nivel rexional, estatal e europeo, sobre todo a través da formación e o intercambio de boas prácticas e habilidades para membros do persoal, en particular para organizacións de consumidores nos Estados membros que accederon á Unión Europea en 2004 ou posteriormente.
Accións para aumentar a efectiva aplicación da lexislación comunitaria de protección dos consumidores.
Habilidade legal e técnica, incluíndo estudos para a xestión e avaliación da transposición, posta en práctica e aplicación da lexislación de protección dos consumidores por parte dos Estados membros.
Accións de información, asesoramento e reparación.
Accións de educación en materia de consumo.
Entidades públicas e entidades sen ánimo de lucro designadas mediante un procedemento transparente por un Estado membro ou por unha autoridade competente de acordo coa Comisión, institucións de educación superior dos Estados membros ou de terceiros países, estudantes e profesores que participen en Mestrías europeas en asuntos de consumidores, etc.
156,8 millóns de euros.
COMISIÓN EUROPEA
Dirección Xeral de Saúde e Consumidores
B-1049 Bruxelles/Brussel
BELGIQUE/BELGIË
© Fundación Galicia Europa
Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante