Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

AL-INVEST IV

Base Legal

Regulamento 1905/2006 de 18 de decembro de 2006, polo que se establece o Instrumento de Financiamento da Cooperación ao Desenvolvemento.

Duración

Período 2009-2012.

Obxectivos

Contribuír á mellora da cohesión social en América Latina mediante o apoio á internacionalización das pemes latinoamericanas, en colaboración cos seus socios europeos, co fin de contribuír a que se afirmen como motor de desenvolvemento local aproveitando as oportunidades ofrecidas pola globalización, a integración rexional e os acordos de libre comercio que se conclúan coa Unión Europea.

Eidos de actuación

O programa AL-INVEST actúa sobre catro ámbitos:

  • Apoio á competitividade das pemes latinoamericanas;

  • Apoio á internacionalización das pemes lationamericanas;

  • Actividades de reforzo da capacidade institucional das organizacións elixibles.

A través deste programa cofináncianse proxectos globais en cada unha das tres subrexións nas que se divide a América Latina:

  • América Central, Cuba e México;
  • Comunidade Andina;
  • Mercosur e Chile.

Ademais, lánzase un contrato de servizos para establecer un organismo de coordinación do programa co que os beneficiarios das subvencións deberán colaborar activamente.

Destinatarios

Organizacións que teñan como finalidade a representación, promoción e defensa dos intereses xerais ou sectoriais das pemes de América Latina e que, de forma habitual, lles presten servizos de apoio, como por exemplo cámaras de comercio ou asociacións. Poden participar como socios, ademais, organismos similares establecidos na UE.

Financiamento

O programa conta cun orzamento total de 50 millóns de euros, que se reparten da seguinte maneira:

  • 40 millóns de euros para a convocatoria única, asignándose 14 millóns á subrexión América Central- Cuba- México; 11 millóns á Comunidade Andina; e 15 millóns a Mercosur-Chile.

  • 10 millóns para o contrato de servizos que financia o establecemento do organismo de coordinación.

Comentarios

AL-INVEST execútase nunha única convocatoria de subvencións lanzada en abril de 2008.

Enlaces de Interese

Contacto

Comisión Europea EuropeAid Oficina de Cooperación Unidade B/2. J-54 4/38
Vittorio Tonutti
Avenue du Bourget 1
B-1049 – Bruxelas
Fax. : 32-2-299 80 10
Europeaid-AO.INVEST@ec.europa.eu

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante