Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

DESTINOS EUROPEOS DE CALIDADE (EDEN)

Base Legal

Comunicación da Comisión COM (2006) 134 FINAL ”Unha nova política turística na UE: cara a unha maior colaboración no turismo europeo”

Comunicación da Comisión (2007) 621 FINAL ”Axenda para un turismo europeo sustentable e competitivo”

Duración

A partir del proyecto piloto levado a cabo en 2006-2007, convocáronse subvencións anuais ata 2011.

Obxectivos

O obxectivo xeral do proxecto é chamar a atención sobre o valor, diversidade e características comúns dos destinos turísticos europeos e promover aqueles nos que se combine o crecemento económico co desenvolvemento social, cultural e medioambiental sustentable.

Eidos de actuación

Este programa subvenciona varios tipos de accións:

  • pór en valor os destinos turísticos europeos de calidade, nomeadamente os menos coñecidos.

  • concienciar á cidadanía sobre a diversidade e calidade dos destinos turísticos europeos.

  • a promoción de tódolos países e rexións europeos.

  • crear unha plataforma para o intercambio de boas prácticas a nivel europeo.

  • axudar a desconxestionar e reequilibrar os fluxos turísticos dirixíndoos cara a destinos menos tradicionais.

  • fomentar novos destinos que representen modelos de desenvolvemento turístico sustentable.

A Comisión Europea, en estreita colaboración coas institucións nacionais de turismo, elixe anualmente un tema, e cada país participante selecciona un destino turístico no que destaque ese aspecto, non obstante, sempre deben caracterizarse polo desenvolvemento sustentable (cultural, económico, local ou medioambiental). Os motivos ata agora foron:

  • 2007: mellores destinos rurais europeos emerxentes de excelencia
  • 2008: turismo e patrimonio local inmaterial
  • 2009: turismo e zonas protexidas
  • 2010: turismo acuático
  • 2011: rexeneración de espazos.

Destinatarios

Os Estados membros e países candidatos, aínda que só os primeiros recibirán axudas. Os aspirantes deben presentarse ás administracións estatais con competencia en materia de turismo. Se a responsabilidade está descentralizada, a proposta debe ser enviada á administración rexional competente. Serán os Estados os que seleccionen e presenten un único candidato ao concurso a nivel europeo.

Enlaces de Interese

Contacto

European Commission
Directorate-General Enterprise and Industry
Mr Franco Ianniello
Tourism Unit, ENTR I/1 4/45
B-1049 Bruxelles/Brussel
BELGIQUE/BELGIË
E-mail: entr-tourism@ec.europa.yo

Contactos en España: horacio.diaz@tourspain.es; oscar.almendros@tourspain.es

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante