Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...
URBACT II
Período 2007-2013.
Obxectivo xeral: Mellorar a eficacia das políticas de desenvolvemento urbano sustentable en Europa co obxecto de executar a estratexia de Lisboa-Goteborg.
Obxectivos específicos:
Facilitar o intercambio de experiencias e aprendizaxe entre os responsables políticos das cidades e os profesionais no eido do desenvolvemento urbano sustentable.
Diseminar amplamente as experiencias e os exemplos de boas prácticas recopiladas polas cidades.
Apoiar aos responsables políticos e aos profesionais das cidades e encargados de programas operacionais baixo os obxectivos de “Converxencia” e “Competitividade” para definir os plans de actuación no desenvolvemento sustentable das zonas urbanas.
Este programa forma parte da iniciativa da Comisión Europea “Rexións polo cambio económico”.
O programa financiará cinco tipos de accións:
Sendo os eixos prioritarios os seguintes:
Administración pública a nivel local, rexional e nacional, centros de investigación e universidades dos Estados membros.
Poden participar cidades dos 27 Estados membros que xa estiveron involucradas nas iniciativas Urban I e II, e ademais de Noruega e Suíza.
Redes temáticas (8-12 participantes) e Grupos de traballo (6-8 participantes).
69 millóns de euros (UE e Estados membros).
Os socios das rexións obxectivo Converxencia (caso de Galicia) serán cofinanciadas nun 80%, e os das rexións que non sexan obxectivo converxencia cun 70% polo fondo FEDER. Os socios noruegos e suízos deberán ser financiados nun 50% polos fondos nacionais dos seus Estados.
Dúas convocatorias para as redes temáticas e os grupos de traballo previstas para 2007 e 2010.
A principal novidade que constitúe este programa é que admite a participación das administracións rexionais.
Para interesados en presentar unha proposta:
E-mail: project.application@urbact.eu
URBACT Secretariat
194, Avenue du Président Wilson
93217 St Denis La Plaine
FRANCE
© Fundación Galicia Europa
Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante