Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...
PROGRAMA DE ACCIÓN COMUNITARIA NO EIDO DA SAÚDE PÚBLICA
Período 2008-2013.
En termos xerais, este programa contribuirá a crear sinerxias con outras políticas e programas comunitarios. Os tres grandes obxectivos son:
Mellorar a seguridade sanitaria dos cidadáns.
Promover a saúde para aumentar a prosperidade e a solidariedade.
Xerar e difundir coñecementos sobre a saúde.
Mellorar a seguridade sanitaria dos cidadáns: tomaranse medidas para protexer aos cidadáns contra as ameazas para a saúde e traballarase por desenvolver as capacidades da UE e dos Estados membros para responder ante as ameazas. Igualmente, contemplaranse medidas no ámbito da seguridade do paciente e da lexislación comunitaria en materia de sangue, tecidos e células.
Promover a saúde para aumentar a prosperidade e a solidaridade: tomaranse medidas a fin de fomentar o envellecemento activo e con boa saúde e de reducir as desigualdades en materia sanitaria. O programa incluirá medidas que fomenten a cooperación entre sistemas sanitarios en aspectos transfronteirizos tales como a mobilidade dos pacientes e dos profesionais sanitarios. Contemplaranse medidas relativas a factores determinantes da saúde como a nutrición, o alcol, o tabaco e mailo consumo de drogas, así como a calidade da contorna social e físico.
Xerar e difundir coñecementos sobre saúde: adoptaranse medidas que favorezan o intercambio de coñecementos e boas prácticas en ámbitos nos que a Comunidade poida aportar un auténtico valor engadido ao reunir os coñecementos especializados de distintos países, como ocorre coas enfermidades pouco comúns ou nos temas transfronteirizos relacionados coa cooperación entre os sistemas sanitarios. Tamén se abordarán outros temas clave de interese común para todos os Estados membros, como a saúde mental. Prevense así mesmo medidas que amplíen o sistema de seguimento da saúde da UE e permitan desenvolver indicadores e ferramentas neste campo, así como mecanismos que permitan difundir información aos cidadáns de maneira facilmente accesible, tales como o portal da saúde.
321,6 millóns de euros.
© Fundación Galicia Europa
Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante