Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...
PROGRAMA MARCO DE DEREITOS FUNDAMENTAIS E XUSTIZA
Período 2007-2013.
O Programa de Dereitos Fundamentais e Xustiza promove o desenvolvemento dunha sociedade europea baseada na cidadanía da UE respectuosa cos dereitos fundamentais, loitando contra o antisemitismo, o racismo e a xenofobia. O programa contribuirá á instauración dunha área de liberdade, seguridade e xustiza que combata a violencia e preveña a drogodependencia. Ademais, busca fomentar a cooperación xudicial co obxectivo de crear unha área xenuína europea de xustiza tanto en asuntos civís e mercantís como no ámbito da xustiza penal.
Este programa inclúe 5 instrumentos:
Daphne III: centra os seus esforzos na protección da infancia, a xuventude e as mulleres contra toda forma de violencia, nomeadamente a explotación sexual e a trata de persoas, mediante a adopción de medidas preventivas e o apoio e protección a vítimas e grupos de risco.
Prevención e información sobre as drogas: ten como finalidade a prevención e reducción do consumo de drogas e dos seus efectos nocivos.
Dereitos fundamentais e cidadanía: creado para promover e desenvolver unha sociedade europea baseada no respecto aos dereitos fundamentais, reforzar a sociedade civil e fomentar un diálogo aberto e transparente, combater o racismo, a xenofobia e o antisemitismo.
Xustiza civil: promove a eliminación dos obstáculos que xeran disparidades nas disposicións e procedementos de Dereito Civil alentando a aproximación das lexislacións, facilitando a vida diaria así como as transaccións comerciais e garantindo a seguridade xurídica e o acceso á xustiza. Asemade, preténdese favorecer o coñecemento recíproco, o intercambio de información e a creación de redes que poñan en contacto a profesionais e autoridades xudiciais e administrativas así como a formación dos membros da xudicatura.
Xustiza penal: este programa pretende promover a cooperación xudicial co obxecto de acadarmos un Espazo Xudicial Común Europeo en materia penal baseado na confianza e o recoñecemento mutuos facendo compatibles as regras aplicables nos distintos Estados membros.
Os Estados membros, as organizacións e institucións públicas ou privadas e as autoridades públicas e profesionais que desenvolvan as súas actividades dentro do ámbito de aplicación de cada un dos programas de referencia.
Cada programa especifica nas súas convocatorias o número e características dos socios.
O seu orzamento é de 543 millóns de Euros para o conxunto do Programa Marco: 114 millóns para Daphne III; 21 millóns para Prevención e información sobre as drogas; 93 millóns para Dereitos fundamentais e cidadanía; 100 millóns para o programa de Xustiza civil; e 196 para Xustiza penal.
A Dirección Xeral de Xustiza proporciona os formularios e recibe as solicitudes a través do sistema operativo PRIAMOS (Programa de Información e Xestión Operativa de Actividades). Non se admitirá documentación remitida mediante outro sistema.
© Fundación Galicia Europa
Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante