Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

INSTRUMENTO DE FINANCIAMENTO DA COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO (ICD)

Base Legal

Regulamento 1905/2006 de 18 de decembro de 2006, polo que se establece un Instrumento de Financiamento da Cooperación ao Desenvolvemento.

Duración

Período 2007-2013.

Obxectivos

O obxectivo xeral deste instrumento de cooperación será a erradicación da pobreza nos países e rexións socios no contexto do desenvolvemento sustentable, mediante a prosecución dos Obxectivos de Desenvolvemento para o Milenio (ODM), e a promoción da democracia, o bo goberno e o respecto dos dereitos humanos e do Estado de Dereito.

Eidos de actuación

A Comunidade financiará medidas de apoio á cooperación cos países, territorios e rexións en desenvolvemento incluídos na lista de beneficiarios do Comité de Asistencia para o Desenvolvemento da organización de Cooperación e Desenvolvemento Económicos (CAD-OCDE).

Así mesmo, a Unión financiará programas temáticos en países, rexións e territorios que cumpran as condicións para acollerse á asistencia dun dos programas xeográficos establecidos, á asistencia establecida ou á cooperación xeográfica de conformidade co Fondo Europeo de Desenvolvemento (FED).

A axuda comunitaria aplicarase mediante os programas xeográficos e temáticos seguintes:

  • Programas geográficos, dotados con 10.057 millóns de euros:

    Os programas xeográficos cubrirán as actividades de cooperación, nos ámbitos axeitados, con países e regións socios determinados seguindo un criterio xeográfico.

  • Programas temáticos, dotados con 5.596 millóns de euros:

    Os programas temáticos estarán subordinados aos programas geográficos e tratarán un tema ou un ámbito específico que afecte a un conxunto de países socios non determinados por criterios xeográficos, ou ben cubrirán actividades de cooperación dirixidas a distintas rexións ou grupos de países socios, ou levarase a cabo unha actuación internacional sen base xeográfica específica.

    O Regulamento establece cinco programas temáticos que se refiren a:

    • Investir nos cidadáns, dotado con 1.060 millóns de euros.
    • Medio ambiente e xestión sustentable dos recursos naturais (804 millóns de euros).
    • Axentes non estatales e autoridades locais no desenvolvemento (1.639 millóns de euros).
    • Seguridade alimentaria (1.709 millóns de euros).
    • Migración e asilo (384 millóns de euros).
    • *Programa de medidas de acompañamento a favor dos 18 Países ACP signatarios do Protocolo do Azucre 1.244 millóns de euros).

Destinatarios

  • Os países e rexións socios e as súas institucións.
  • As entidades descentralizadas dos países socios, como municipios, provincias, departamentos e rexións.
  • Os organismos mixtos instituídos polos países e rexións socios e a Comunidade.
  • As organizacións internacionais, incluídas as organizacións rexionais, os organismos, servizos ou misións das Nacións Unidas, as institucións financeiras internacionais e regionais e os bancos de desenvolvemento.
  • As institucións e órganos da Comunidade, unicamente no marco da execución das medidas de apoio.
  • As axencias da UE.
  • As entidades u organismos seguintes dos Estados membros, os países e rexións socios ou de calquera outro ter Estado.

Financiamento

Hai un orzamento total de 16.897.000.000 €.

Formas de financiamento:

  • Proxectos e programas.

  • Apoio presupuestario, cando a xestión do gasto público do Estado socio sexa suficientemente transparente, fiable e eficaz e o Estado socio instaure políticas sectoriais ou macroeconómicas ben definidas, aprobadas previa avaliación realizada polos seus principais proveedores de fondos, incluídas, cando proceda, as institucións financeiras internacionais.

  • Apoios sectoriais.

  • En casos excepcionais, programas sectoriais e xerais de importación.

  • Fondos postos a disposición do BEI ou outros intermediarios financeiros.

  • Bonificacións dos tipos de interese, especialmente para os préstamos no sector ambiental.

  • Redución da débeda, no marco de programas de redución da débeda aprobados en acordos internacionais.

  • Subvencións destinadas ao financiamento de medidas presentadas polas entidades.

  • Subvencións destinadas ao financiamento dos custos de funcionamento das entidades.

  • O financiamento de programas de irmandade entre institucións públicas, autoridades locais, organismos nacionais públicos e entidades de Dereito privado aos que os Estados membros e os dos países e rexións socios confíen misiónns de servizo público.

  • Contribucións a fondos internacionais, en particular, administrados por organizacións internacionais ou rexionais.

  • Contribucións a fondos nacionais establecidos por países e rexións socios co fin de favorecer o financiamento conxunto de varios proveedores de fondos.

  • Inversións de capital nas institucións financeiras internacionais e nos bancos de desenvolvemento rexionais.

  • Os recursos humanos e materiais necesarios para a administración e a supervisión efectiva dos proxectos e programas por parte dos países e rexións socios.

Comentarios

No caso dos programas xeográficos, a Comisión establecerá un documento de estratexia e un programa indicativo plurianual para cada un dos países e rexións socios e adoptará un programa de acción anual para cada un dos países e rexións socios. No caso dos programas temáticos, a Comisión establecerá documentos de estratexia temática e adoptará programas de acción. E circunstancias excepcionais, o apoio da Comunidade poderá tamén plasmarse en medidas especiais non previstas nos documentos de estratexia e nos programas indicativos plurianuais.

A Comisión definirá as asignacións indicativas plurianuais dentro de cada programa xeográfico recorrendo a uns criterios normalizados, obxectivos e transparentes de asignación de recursos, baseados nas necesidades e nos resultados do país ou rexión socio de que se trate, e tendo presentes as dificultades concretas ás que fan fronte os países ou rexións en crises, en conflito ou proclives ás catástrofes, ademais da especificidade dos distintos programas.

Enlaces de Interese

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante