Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

INSTRUMENTO EUROPEO DE VECIÑANZA E ASOCIACIÓN (IEVA)

Base Legal

Regulamento (CE) nº1638/2006 do Parlamento Europeo e do Consello de 24 de outubro de 2006 polo que se establecen as disposicións xerais relativas á creación dun Instrumento Europeo de Veciñanza e Asociación.

Duración

Periodo 2007-2013.

Obxectivos

O Instrumento Europeo de Veciñanza e Asociación (IEVA) é o instrumento financeiro da política europea de veciñanza (PEV).

A súa finalidade é proporcionar axuda comunitaria para o desenvolvemento dunha zona de prosperidade e boa veciñanza que abranga a Unión Europea e os «países socios». A axuda comunitaria promoverá unha cooperación reforzada e unha integración económica progresiva entre a Unión Europea e os países socios e, en particular, a aplicación de acordos de colaboración e cooperación, de acordos de asociación ou de outros acordos existentes e futuros. Terá por obxecto, así mesmo, fomentar os esforzos dos países socios en favor da boa gobernanza e un desenvolvemento social i económico equitativo.

Eidos de actuación

Haberá medidas nas seguintes áreas:

  1. Reformas políticas

    • Apoio á democratización, pluralismo e desenvolvemento da sociedade civil e das ONG.
    • Protección dos dereitos humanos e liberdades fundamentais.
    • Aproximación lexislativa e normativa.
    • Promover o Estado de Dereito e a boa gobernanza (transparencia, eficacia administrativa, imparcialidade xudicial), así coma a loita contra o terrorismo, tráfico de seres humanos, a delincuencia organizada, a corrupción, o fraude e a evasión fiscal.

  2. Reformas económicas
    • Promover o desenvolvemento dunha economía de mercado (sector privado, pemes, fomentar o investimesto e o comercio mundial).

    • Integración económica progresiva no mercado interior.
  3. Reformas sociais e diálogo multicultural
    • Redución da pobreza.
    • Impulsar políticas de inclusión social, igualdade e protección social (incluídos inmigrantes).
    • Promover o emprego, diálogo social e respecto dos dereitos sindicais.
    • Apoio en situacións postcrises (refuxiados, desprazados).
    • Cooperación entre pobos, protección do patrimonio histórico-cultural e intercambios entre a mocidade.
  4. Cooperación sectorial
    • Promoción da saúde (incluído o mellor acceso aos servizos), educación e formación.
    • Incremento da seguridade alimentaria.
    • Cooperación nos sectores da enerxía, telecomunicacións e transporte, promovendo a sustentabilidade, as fontes renovables e a eficiencia enerxética.

    • Protección do medio ambiente, conservación da natureza e xestión sustentable dos recursos naturais.
    • Fomentar a participación en actividades comunitarias de investigación e innovación.
  5. Desenvolvemento rexional e local así como a integración rexional e subrexional
    • Xestión eficaz e segura das fronteiras.
    • Cooperación transfronteiriza.
    • Redución dos desequilibros e mellora da capacidade de desenvolvemento local e rexional.
  6. Participación nos programas e axencias comunitarias
    • Fomento da comunicación e promoción do diálogo entre socios.
    • Abordar temas fundamentais comúns en eidos de interese mutuo ou outros obxectivos deste regulamento.

Destinatarios

  • Os países e rexións socios e as súas institucións.

  • As entidades descentralizadas dos países socios como rexións, departamentos, provincias e municipios.

  • Os organismos mixtos instituídos polos países e rexións socios e da Comunidade.

  • As organizacións internacionais, incluídas as organizacións rexionais, os organismos das Nacións Unidas, as institucións financieiras internacionais e mailos bancos de desenvolvemento, na medida en que contribúan aos obxectivos do presente Regulamento.

  • As institucións e organismos da Comunidade unicamente no marco da execución das medidas de apoio contempladas no artigo 16.

  • As axencias da Unión Europea.

  • As entidades ou organismos seguintes dos Estados membros, os países e rexións socios ou de calquera outro terceiro Estado, que cumpran as normas sobre o acceso á axuda exterior comunitaria contempladas no artigo 21, na medida en que contribúan aos obxectivos do presente Regulamento: organismos públicos ou semi-públicos, administracións ou entidades locais e as súas agrupacións, sociedades, empresas e demais organizacións y axentes económicos privados, institucións financeiras que concedan, promovan e financien inversións privadas nos países e rexións socios, e persoas físicas.

  • Os seguintes axentes non estatais: organizacións non gobernamentais, organizacións que representen a minorías nacionais e/ou étnicas, agrupacións cívicas locais e agrupacións locais de comerciantes, cooperativas, sindicatos, organizacións representativas dos axentes económicos e sociais, organizacións locais (incluídas as redes) que traballen no ámbito da cooperación e integración rexional descentralizadas, organizacións de consumidores, organizacións de mulleres e mozos, organizacións de ensino, culturais, de investigación e científicas, universidades, igrexas e asociacións ou comunidades relixiosas, os medios de comunicación, asociacións transfronteirizas, asociacións non gobernamentais e fundacións independentes.

Socios

O IEVA vai dirixido aos países socios da PEV (Política Europea de Veciñanza) e a Rusia. A PEV fórmana os países immediatos con fronteiras terrestres ou marítimas: Arxelia, Armenia, Azerbaián, Bielorrusia, Exipto, Xeorxia, Israel, Xordania, Líbano, Libia, Moldavia, Marrocos, Territorio palestino ocupado, Siria, Tunes e Ucraína.

Financiamento

O importe da dotación financeira para a aplicación deste regulamento durante o período 2007-2013 será de 11.181 millóns de euros, que se desglosarán da maneira seguinte:

  • Un mínimo do 95 % do importe da dotación financeira será asignada aos programas nacionais ou plurinacionais.

  • Até o 5 % do importe da dotación financeira será asignada aos programas de cooperación transfronteiriza.

Enlaces de Interese

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante