Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

LIFE+ (2007 - 2013)

Base Legal

Regulamento (CE) nº 614/2007 do Parlamento Europeo e do Consello, de 23 de maio de 2007, relativo ao instrumento financeiro para o medio ambiente (LIFE+).

Corrección de erros do Regulamento (CE) nº 614/2007 do Parlamento Europeo e do Consello, de 23 de maio de 2007, relativo ao instrumento financeiro para o medio ambiente (LIFE+).

Duración

Período 2007-2013.

Obxectivos

Contribuír á aplicación, actualización e desenvolvemento da política e da lexislación comunitaria en materia de medio ambiente, incluída a integración desta materia noutras políticas, co que se pretende contribuír ao desenvolvemento sustentable.

Eidos de actuación

Para que un proxecto poida adscribirse a LIFE+ debe enmarcarse nalgunha das seguinte áreas temáticas:

  • a) LIFE+ Natureza e biodiversidade: engloba proxectos que contribúan a deter a perda de biodiversidade, e que axuden a implementar as directivas europeas sobre aves e hábitats así como a Rede Natura 2000.
  • b) LIFE+ Política e gobernanza medioambiental: inclúe proxectos que promovan a mellor aplicación da lexislación ambiental europea, que fomenten o seu coñecemento ou que propoñan avances tecnolóxicos cos que obter beneficios medioambientais.
  • c) LIFE+ Información e comunicación: abrangue campañas e propostas que divulguen asuntos medioambientais, como o cambio climático, o desenvolvemento sustentable ou a prevención de incendios.

Destinatarios

Poden presentarse ás convocatorias entidades públicas e privadas rexistradas na Unión Europea.

Socios

Os proxectos poden ser presentados por una organización ou por un consorcio, que deberá constar dun líder e varios socios colaboradores. Admitiranse propostas de actuación tanto a nivel nacional coma transnacional, sempre e cando teñan lugar dentro do territorio comunitario.

Financiamento

A Comisión financiará ata o 50% dos proxectos, alcanzando a cota máxima do 75%, e de xeito excepcional, en propostas enmarcadas na liña LIFE+ Natureza e biodiversidade que traten accións concretas de protecciòn de especies ou ecosistemas en perigo.

Comentarios

A convocatoria de propostas para 2011 publicouse o 26 de febreiro no DOUE. A data límite para enviar os proxectos ás autoridades estatais é o 18 de xullo de 2011, e para a presentación de candidaturas á Comisión Europea o 9 de setembro. O proceso de avaliación das propostas finalizará en marzo de 2012, para levalos a cabo a partir de xuño dese ano.

As propostas deben remitirse á autoridade nacional correspondente, neste caso o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño (MARM), quen as enviará á Comisión. Esta avaliará cada proxecto e adxudicará fondos de acordo á súa envergadura e á súa distribución xeográfica.

Enlaces de Interese

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante