Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...
DAPHNE III
Período 2007-2013.
Contribuír a previr e combater todas as formas de violencia, tanto na esfera pública coma na privada, que afecten aos rapaces, os mozos e as mulleres, entre as que se inclúe a explotación sexual e a trata de persoas, mediante a adopción de medidas preventivas e a oferta de apoio e protección a vítimas e grupos de risco.
Daphne III contempla tres tipos de actuación:
Proxectos transnacionais de interés comunitario no que participen polos menos organizacións de dous Estados membros:
Elaboración e execución de campañas de sensibilización dirixidas a un público específico co fin de dar a coñecer o fenómeno da violencia, fomentar o seu rexeitamento e o apoio ás vítimas, así como animar á denuncia por parte destas.
Difusión dos resultados obtidos por proxectos anteriores do programa Daphne, especialmente das adaptacións ou transferencias destes resultados noutras zonas xeográficas ou noutros beneficiarios.
Desenvolvemento e mellora de accións que contribúan ao benestar e realización persoal das persoas expostas á violencia, como o fomento do respecto cara a elas.
Creación e mantemento de redes multidisciplinares de ONG que traballen neste eido.
Accións de investigación, formación, visitas de estudo e intercambio de persoal que persigan a recompilación e difusión de coñecementos.
Estudos dos fenómenos relacionados coas causas da violencia e os seus efectos na sociedade: custos sanitarios, económicos, sociais...
Elaboración e execución de programas de apoio ás vítimas e ás persoas expostas, así como de programas de intervención dirixidos aos agresores.
Accións específicas da Comisión: estudos e investigacións, enquisas de opinión, elaboración de indicadores, seminarios, organización de campañas e eventos públicos, creación de sitios web, establecemento dun grupo de estudo e apoio para proporcionar asesoramento especializado...
Apoio ás ONG que persigan unha finalidade de interese europeo xeral e que traballen no ámbito deste tipo de violencia.
Organizacións e institucións públicas e privadas (autoridades locais ao nivel adecuado, departamentos universitarios e centros de investigación) que traballen na prevención e loita contra violencia exercida sobre mulleres, nenos ou mozos, na protección e apoio ás vítimas, na execución de accións de rexeitamento de tal violencia ou de sensibilización e fomento de cambio de actitudes cara os grupos máis vulnerables.
Para acceder ás subvencións de proxectos trasnacionais, as propostas deben contar polo menos con dúas organizacións de dous estados diferentes.
O programa conta con 116, 85 millóns de euros. A porcentaxe máxima de cofinanciamento especificarase nos programas de traballo anuais. Para 2011 o orzamento dispoñible é de 18 millóns de euros.
As solicitudes realízanse a través do sistema PRIAMOS (Programa de Información e Xestión Operativa de Actividades) mediante o que a Dirección Xeral de Xustiza da Comisión Europea proporciona os formularios e canaliza as candidaturas.
© Fundación Galicia Europa
Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante