Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

INSTRUMENTO DE FINANCIAMENTO DA PROTECCIÓN CIVIL

Base Legal

Decisión do Consello 2007/162, do 5 de marzo de 2007, pola que se establece un Instrumento de Financiamento da Protección Civil.

Decisión do Consello 2001/792, do 23 de outubro de 2001, que establece un mecanismo comunitario para facilitar unha cooperación reforzada nas intervencións de axuda en materia de protección civil.

Decisión do Consello 2007/779, do 8 de novembro de 2007, pola que se establece un Mecanismo Comunitario para a Protección Civil.

Duración

Período 2007-2013.

Obxectivos

A súa finalidade é apoiar e complementar os esforzos dos Estados membros na protección das persoas, do medio ambiente e do patrimonio cultural , así como coordinar as respostas nacionais ante catástrofes naturais ou os actos terroristas.

Eidos de actuación

O Instrumento de Financiamento cobre a prevención, preparación e resposta ante os desastres:

  • a) actuacións de preparación e resposta incluidas no Mecanismo Comunitario para a Protección Civil.
  • b) medidas para previr ou reducir os efectos dunha catástrofe.
  • c) iniciativas que melloren o estado de preparación dos cidadáns ante as emerxencias.
  • d) dispositivos de transporte excepcionais que propicien unha resposta rápida e eficaz.

Destinatarios

Persoas físicas ou xurídicas tanto de dereito público como privado.

Socios

Poden participar neste programa socios de países candidatos e de Terceiros países sempre que existen os acordos pertinentes coa UE.


Financiamento

Conta cun orzamento total de 190 millóns de euros para o periodo 2007 - 2013. Anualmente destinánse 20 millóns de euros para actuacións dentro da UE e 8 millóns para Terceiros países.

Comentarios

O Instrumento de Financiamento da Protección Civil cobre as actuacións recollidas no Mecanismo Comunitario para a Protección Civil:

  • a) Centro de Monitorización e Información (MIC): centro operacional de emerxencias ao que poden recurrir os estados en caso de catástrofe.
  • b) Sistema Común de Emerxencias e Información (CECIS): plataforma de comunicación e resposta ante situacións de alarma.
  • c) Programa de adestramento: iniciativa que busca compartir experiencias e formar profesionais no ámbito da protección civil mediante cursos específicos.
  • d) Módulos de protección civil: grupos de voluntarios procedentes dun ou máis estados dispostos a colaborar ante desastres.

Enlaces de Interese

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante