Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...
SOLIDARIEDADE E XESTIÓN DOS FLUXOS MIGRATORIOS: FONDO PARA REFUXIADOS
Período 2008-2013.
O Fondo propónse mellorar as condicións de acollida dos refuxiados, desprazados ou receptores da protección internacional defendendo os seus dereitos e favorecendo a concesión de asilo.
O Fondo apoia as seguintes actuacións por parte dos estados:
mellorar as condicións de acollida e simplificar o procedemento de asilo;
favorecer a integración das persoas que leven residindo nun país comunitario de forma estable e duradeira;
reforzar o desenvolvemento, supervisión e avaliación das políticas de asilo dos Estados membros e mellorar a cooperación entre eles nesta materia con vistas ao establecemento dunha política de acollida comunitaria;
”reasentamento” dos cidadáns desprazados de xeito que se lle permite residir nun Estado membro en calidade de ”refuxiado” ou con outro estatuto similar.
Todos os Estados membros a excepción de Dinamarca. Poden adscribirse ás convocatorias do Fondo autoridades nacionais, rexionais ou locais, universidades, ONG e organizacións internacionais con experiencia na materia.
Conta con 628 millóns de euros de orzamento, dos que 62 se reservan para accións comunitarias, especialmente para as que propulsen a cooperación entre estados.
Las solicitudes deben enviarse a través del sistema operativo PRIAMOS (Programa de Información y Gestión Operativa de Actividades) mediante el que se adquieren los formularios y gestionan las candidaturas.
© Fundación Galicia Europa
Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante