Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin
Nestes tempos de crises, os países, as rexións e as cidades de toda a Unión Europea están a tender unha man aos seus concidadáns da UE e prestando axuda a quen máis o necesitan mediante doazóns de equipos de protección, como máscaras, equipos médicos, asistencia transfronteiriza de pacientes enfermos e repatriación de cidadáns da UE aos seus países de orixe. Esta é a mellor versión da solidariedade europea.

Asistencia fóra da UE

A UE aprobou a principios de abril, a concesión de case 240 millóns de euros para reforzar o seu apoio aos refuxiados procedentes de Siria e ás persoas vulnerables en Iraq, Xordania e o Líbano. Este novo paquete eleva a axuda total con cargo ao Fondo fiduciario rexional da Unión Europea en resposta á crise siria en máis de 2 000 millóns de euros. 

Ademais de reforzar as axudas aos refuxiados, a Comisión adoptou unha serie de directrices sobre a aplicación das normas pertinentes da UE en materia de asilo, procedementos de retorno e reasentamiento no contexto da pandemia de coronavirus, que presentará aos Estados membros. Con iso responde á petición destes, que solicitaran orientación sobre a maneira de garantir a continuidade dos procedementos e o respecto, como mínimo, dos dereitos básicos.

O 8 de abril, para loitar contra o coronavirus a escala mundial, a Comisión Europea anunciou unha axuda duns 15.600 millóns de euros destinada a apoiar os esforzos dos países socios para atallar a pandemia.

A resposta da UE segue unha formulación «Equipo Europa»: combina recursos da UE, dos seus Estados membros e as súas institucións financeiras, en particular o Banco Europeo de Investimentos e o Banco Europeo de Reconstrución e Desenvolvemento, para apoiar aos países socios.

Repatriación de cidadáns

A Comisión está a axudar aos Estados membros a coordinar as operacións de asistencia e repatriación consular de cidadáns da UE que se atopan por todo o mundo. Unha vez que un Estado membro activa o Mecanismo de Protección Civil da Unión, o Centro Europeo de Coordinación da Resposta a Emerxencias coordina todas as accións co Servizo Europeo de Acción Exterior e coas capitais dos Estados membros da UE. Ademais, a Comisión pode cofinanciar até o 75% dos custos de transporte. 

Grazas aos voos de repatriación organizados a través deste sistema, milleiros de persoas foron repatriadas a Europa desde, entre otros países, China, EE.UU, Marrocos, Túnez, Xeorxia, Filipinas ou Cabo Verde. 

A finais de marzo, a Comisión Europea habilitou 75 millóns de euros con cargo ao orzamento da UE para axudar aos Estados membros a repatriar a cidadáns da UE e para aumentar o orzamento da reserva de emerxencia de equipos médicos coñecida como RescEU.

Así mesmo, a Comisión Europea presentou directrices sobre a protección da saúde, a repatriación e as disposicións de viaxe das persoas que se atopan a bordo de buques.

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante