Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin
A Comisión Europea ha estado á vangarda do apoio á investigación e a innovación e da coordinación dos esforzos de investigación europeos e mundiais, incluída a preparación para as pandemias.

Ademais, en 2020, a Comisión puxo en marcha varias medidas especiais relacionadas co coronavirus e os brotes. Estas medidas están baseadas nas actividades xa implementadas ao longo dos últimos anos no ámbito do Espazo Europeo de Investigación.

Esas medidas refírense á epidemiología, a preparación e a resposta aos brotes, o desenvolvemento de diagnósticos, tratamentos e vacúas, así como as infraestruturas e os recursos que permiten esta investigación. Neste sentido, o 28 de abril de 2020 a Comisión Europea publicou orientacións para garantir a continuidade dos ensaios clínicos durante a crise sanitaria. Estas recomendacións derívanse da estratexia global en a procura de tratamentos e dunha vacina para protexer á cidadáns fronte ao coronavirus.

A Comisión e os ministerios nacionais tamén acordaron o primeiro plan de acción de ERAvsCorona que establece 10 accións prioritarias coordinadas a curto prazo para facer fronte aos coronavirus.

Estas son as principais accións implementadas nalgúns dos programas de investigación da Unión Europea:

Horizonte 2020

No mes de marzo, a Comisión, a través do programa marco de I+D+i, publicou unha convocatoria de emerxencia cun orzamento de 47,5 millóns de euros para axudar a obter unha mellor comprensión da COVID-19 e a súa propagación. Desta convocatoria seleccionáronse 17 proxectos de investigación por un valor de 47,5 M?. que actualmente están en marcha. 

Doutra banda, dentro da convocatoria habitual do acelerador do Consello Europeo de Innovación, incluíuse, como parte da actualización das accións do programa marco, unha convocatoria de máis de 350 millóns de euros do programa piloto do EIC para as PEMES con innovacións revolucionarias que abordan un ou varios obxectivos do Pacto Verde. 

Todas as convocatorias con prazos de presentación anteriores ao 15 de abril foron pospostas, excepto o Acelerador do Consello Europeo de Innovacion e a Iniciativa de Medicamentos Innovadores, que poden contribuír á contención da pandemia.

Mecanismo de Financiación para Enfermidades Infecciosas do BEI

A Comisión, xunto co Banco Europeo de Investimento (BEI), reforzou o instrumento financeiro Horizonte 2020 InnovFin e, en particular, o seu Mecanismo de Financiamento para Enfermidades Infecciosas, para ofrecer préstamos a empresas que realicen proxectos de investigación vangardistas. Destes esforzos, a empresa alemá CureVac, pioneira no desenvolvemento de vacinas, foi seleccionada para obter un financiamento de 80 millóns de euros para desenvolver unha vacina contra o COVID-19

Iniciativa sobre Medicamentos Innovadores (IMI)

O 3 de marzo de 2020 a Iniciativa sobre Medicamentos Innovadores (IMI) anunciou unha convocatoria de propostas de investigación en proxectos sobre tratamentos e diagnósticos para o brote de COVID-19. 

A IMI é unha asociación público-privada entre a UE e a industria farmacéutica a través da súa asociación EFPIA. A Comisión Europea financia a IMI a través de Horizonte 2020 e aportahasta 45 millóns de euros a esta convocatoria. Espérase un compromiso de escala similar por parte da industria farmacéutica para que o investimento total poida alcanzar os 90 millóns de euros.

Iniciativas da Alianza para os Ensaios Clínicos en Europa e os Países en Desenvolvimento

A través da Asociación de ensaios clínicos entre Europa e os países en desenvolvemento (EDCTP), varios proxectos están actualmente activos traballando sobre o brote de coronavirus.

Plan de Acción do Espazo Europeo de Investigación contra o Coronavirus

O 7 de abril a Presidencia croata do Consello da UE organizou unha videoconferencia dos ministros de investigación da UE para debater a resposta conxunta en materia de investigación e innovación fronte ao COVID-19. Como resultado, anunciaron 10 primeiras accións coordinadas a curto prazo, de acordo cos obxectivos e ferramentas do Espazo Europeo de Investigación. Entre elas, cómpre destacar a celebración dun Hackaton pan-europeo a finais de abril, a constitución dun portelo único de acceso ao financiamiento de proxectos de investigación sobre COVID-19 e o intercambio dos datos e resultados das diferentes liñas de investigación a través da plataforma europea de ciencia abierta (EOSC). 

Dentro destas medidas, inclúese o  lanzamento dunha plataforma de intercambio de datos para investigadores. Esta nova Plataforma ofrecerá un entorno europeo e mundial aberto e fiable no que os investigadores poderán almacenar e compartir conxuntos de datos como as secuencias de ADN, estruturas de proteínas, datos de investigación preclínica e ensaios clínicos, así como datos epidemiolóxicos 
Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante