En resposta a esta crise, a UE e os seus Estados membros están a mobilizar o 2% do PIB da UE en medidas fiscais e o 13% do PIB da UE en aporte de liquidez. Varias iniciativas a nivel europeo tratan de axudar aos Estados membros a movilizar os recursos públicos necesarios para contener esta epidemia e facer fronte ás consecuencias socio-económicas. Poden resumirse en seis apartados:
- Inxección de liquidez por parte do Banco Central Europeo
- Suspensión temporal das limitacións de déficit e débeda pública
- Utilización de todos os recursos dispoñibles no actual orzamento comunitario
- Posta en marcha de novos sistemas de préstamos aos Estados membros
- Maior apoio do Banco Europeo de Investimentos (BEI) ao sector financeiro
- Flexibilización do marco normativo que permite dar axudas públicas ás empresas
1. Inxección de liquidez por parte do Banco Central Europeo
2. Suspensión temporal das limitacións de déficit e débeda pública
O Consello acordou o 24 de marzo, a partir da proposta da Comisión,
suspender as regras do Pacto de Estabilidade e Crecemento (PEC) debido á crise do COVID-19. Por primeira vez actívase a cláusula de salvaguardia do PEC, conforme á cal os Estados membros poden apartarse dos requisitos orzamentarios que se aplican normalmente por mor dunha grave recesión económica, isto é: que os seus déficits orzamentarios non superen o 3 % do produto interior bruto (PIB) e que as súas débedas públicas non superen o 60 % do PIB. Deste modo, os 27 Estados membros poden aumentar o seu gasto público con máis liberdade.
3. Utilización do orzamento comunitario actual
Malia non representar máis ca un 1% da riqueza dos Estados membros e un 2% do investimento público total, a Comisión Europea está a traballar intensamente para sacar o máximo proveito do orzamento comunitario actual 2014-2020.
A mediados de marzo, a
Comisión presentou un primeiro paquete de medidas dentro da
Iniciativa Europea de Investimento en resposta ao Coronavirus (CRII polas súas siglas en inglés), que foi aprobado por vía de urxencia polo Consello e o Parlamento Europeo en dúas semanas. O seu obxectivo è movilizar recursos da Política de Cohesión, que representa un terzo do orzamento comunitario, para facer fronte a esta crise. Con este primeiro paquete:
- Os Estados membros poderán investir até 37.000 M€ para facer fronte á crise do coronavirus. 8.000 millóns proceden estritamente do orzamento comunitario, de anticipos de fondos Estruturais e de Investimento (FEDER, FSE, FEADER e FEMP) que os Estados membros non puideron executar durante o período 14-20 e a cuxa recuperación a Comisión renuncia. Os 29.000 millóns restantes corresponden á cofinanciación que se debe achegar para a execución de tales fondos.
- En España, isto implica uns 1.161 M € (importe pendente de confirmación coas autoridades españolas). Coa cofinanciaición correspondente, a Comisión calcula que España podería dedicar 4.145 M€ a loitar contra esta crise, apuntando, ademais, a que aínda dispón de 7.086 M € sen comprometer no período 14-20 que tamén poderían ser destinados a iso. Casualmente, España -uno dos países europeos máis afectados pola crise sanitaria- é tamén o que maior importe de fondos ten pendente de devolver á Comisión Europea, seguido de Polonia (1.125), Hungría (855) e Italia (853).
- Modificouse o Regulamento de Disposicións Comúns para que:
- Se poidan cubrir os gastos para conter a crise incorridos a partir do 1 de febreiro de 2020.
- Os Estados membros poidan adaptar os seus programas operativos con máis facilidade, por exemplo, transferindo fondos entre prioridades.
- FEDER poida financiar o capital circulante das pemes de maneira temporal e como resposta á crise sanitaria, xa sexa mediante subvencións ou mediante instrumentos financeiros
- O FEDER invista na I+D+i de produtos e servizos necesarios para mellorar a capacidade de resposta dos sistemas sanitarios a esta crise
O 2 de abril a Comisión Europea anunciou un
novo paquete de medidas dentro da CRII, aínda máis ambicioso, pois propón mobilizar ao máximo toda a axuda non utilizada dos Fondos Estruturais e de Investimento Europeos, a saber, o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), o Fondo Social Europeo (FSE), o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rexional (FEADER), Fondo Europeo Marítimo e Pesqueiro (FEMP).
O regulamento de fondos volve modificarse por vía de urxencia para:
- Permitir un cofinanciamento do 100% de FEDER e FSE para o exercicio contable 20-21
- Eximir aos Estados membros da obriga de modificar os acordos de asociación
- Simplificar as auditorías, ampliando a posibilidade de recorrer a un método de mostraxe non estatística.
- Dar maior flexibilidade para transferir recursos entre FEDER e FSE, e entre categorías de rexións
- Aprazar a data límite para a presentación dos informes anuais de 2019
- Adaptar o Fondo Europeo de Axuda aos máis Necesitados (FEAD) á nova situación para permitir que se financie, por exemplo, equipos de protección individual para os voluntarios que achegan a axuda.
o Aos pescadores polo cesamento temporal das actividades pesqueiras;
o Aos acuicultores para suspensión temporal ou produción reducida;
o e ás organizacións de produtores para o almacenamento temporal de produtos da pesca e a acuicultura.
Así mesmo, a Comisión propuxo unha
serie de medidas de apoio aos agricultores para que poidan obter o apoio que necesitan da política agraria común, por exemplo, dándolle máis tempo para presentar solicitudes de axuda e para que as administracións poidan procesalas, aumentando anticipos para pagos directos e pagamentos de desenvolvemento rural, e ofrecer máis flexibilidade para comprobacións in situ de forma que se minimice a necesidade de contacto físico.
Por último, o 2 de abril a a Comisión presentou unha ampla proposta lexislativa baixo a denominacion de
Instrumento de axuda de emerxencia para mobilizar todos os recursos dispoñibles do orzamento comunitario 2020 a través do Instrumento de Flexibilidade e da mobilización da marxe para imprevistos, en total, uns 3.000 millóns de euros. Ademais, refórzase o Mecanismo Europeo de Proteccion Civil para que Comisión poida comprar e distribuir directamente equipos médicos e prestar apoio á construción de hospitais de campaña móbiles. A primeira prioridade consiste en asegurar a dispoñibilidade de respiradores, equipos de protección persoal e equipos médicos móbiles así como a asistencia médica ás persoas máis vulnerables, incluídas as que se atopan nos campos de refuxiados. A segunda área céntrase na intensificación das probas de detección de coronavirus.
4. Préstamos aos Estados membros
O 10 de abril, os ministros de Economía responderon ao chamamento realizado polos xefes de Estado e de Goberno europeos dúas semanas antes para que a UE ofreza unha
resposta económica urxente e coordinada ao impacto económico da COVID-19. Como medidas inmediatas, deron o visto bo a dous instrumentos que facilitarán préstamos aos Estados membros en condicións ventaxosas.
Por un lado, o Eurogrupo propuxo establecer un Apoio de Crise Pandémica (Pandemic Crisis Support) baseado nunha liña xa existente do Mecanismo Europeo de Estabilidade (MEDE), o instrumento creado en 2012 para prestar axuda financeira aos países da zona do euro que sofren dificultades ecomicas. Esta medida activaría ata 240 000 millóns de euros ata que remate a crise da COVID-19, cos termos previamente acordados polos órganos reitores do MEDE e sobre a base de avaliacións iniciais das institucións europeas. O único requisito para acceder á liña de crédito será que os Estados membros que a soliciten se comprometan a empregala para financiar os custos directos e indirectos relacionados coa atención médica, a cura e a prevención da COVID-19.
Por outro lado, o Eurogrupo deu o seu visto bo á proposta de creación do
Instrumento de apoio temporal para mitigar os riscos de desemprego en caso de emerxencia (SURE) que facilitará ata 100 000 millóns de euros en préstamos aos Estados membros que o precisen para sufragar os custos directamente relacionados coa creación ou a ampliación dos réximes nacionais de redución do tempo de traballo.
5. Maior apoio do Banco Europeo de Investimentos (BEI) ao sector financeiro
O
BEI anunciou o 16 de marzo un plan para mobilizar até 40.000 M € de financiamento para os bancos. Empregaranse para préstamos ponte, aprazamentos de préstamos e outras medidas dirixidas a paliar dificultades de liquidez e capital de traballo para pemes. O Grupo do Banco Europeo de Investimentos, incluído o Fondo Europeo de Investimentos, especializado en apoiar ás pequenas e medianas empresas, traballan a través de intermediarios financeiros nos Estados membros e en colaboración cos bancos nacionais de desenvolvemento. O paquete de financiamento proposto consta de sistemas de garantía, liñas de liquidez e programas de compra de títulos de activos.
A principios de abril, o BEI anunciou un
novo fondo de garantía de 25 000 M€ que permitirá intensificar o seu apoio ás empresas europeas, especialmente ás pemes, cunha dotación de ata 200 000 millóns de euros. Este novo fondo prevé unha contribución dos 27 Estados membros da UE e tamén estará aberto a contribucións de terceiros, por exemplo, do orzamento da Unión Europea. Tras obter o visto e prace do Eurogrupo, o
Consello de Administración do BEI aprobou a súa creación o 16 de abril. Estará dispoñible tan pronto como os Estados membros que representen polo menos o 60 % do capital do BEI asuman os compromisos de contribución necesarios.
Por outro lado, a
Comisión aumentou, con fondos procedentes do seu orzamento 14-20, en 1.000 M € a garantía destinada ao Fondo Europeo de Investimento (FEI), que apoia ás entidades bancarias para inxectar liquidez nas pemes. Isto permitirá ao FEI emitir garantías especiais para incentivar aos bancos a que aporten liquidez a un mínimo de 100.000 pemes afectadas polo impacto económico da pandemia de coronavirus, cunha financiación dispoñible estimada de 8.000 millóns de euros. O FEI publicou o 7 de abril unha
convocatoria de manifestacións de interese destinada aos intermediarios financeiros. Este novo sistema de garantías ofrécelles un acceso simplificado e máis rápido, unha cobertura de risco máis elevada (até o 80 % das perdas potenciais por préstamos individuais, fronte ao 50 % habitual), unha maior atención aos préstamos para o capital circulante e condicións máis flexibles, tales como prórroga, reprogramación ou suspensión do pago. Segundo o
portal de acceso ao financiamiento da UE para pemes,
Access to finance da UE, actualmente xa
hai 57 entidades en Galicia que ofrecen produtos financeiros apoiados polo FEI, como CERSA, BBVA ou Banco Santander.
A mediados de abril, a Comisión Europea e o FEI puxeron en marcha a fase piloto dun novo
instrumento financeiro denominado Escalar co que se pretende
aumentar a capacidade de investimento dos fondos de capital risco e de capital de investimento. Cun importe de 300 M €, Escalar pretender impulsar investimentos por un importe catro veces maior.
6. Flexibilización do marco de axudas públicas
Para seguir reducindo as perturbacións económicas e salvar ás empresas, a Comisión Europea ha introducido as normas máis flexibles até a data en materia de axudas estatais. Grazas a elas,
os Estados membros poden prestar apoio directo ás empresas máis afectadas e ás pequenas empresas, xa que corren o risco de pechar definitivamente se non reciben axuda. O
Marco Temporal aplicable ás medidas de axuda estatal, adoptado o 19 de marzo, establece cinco tipos de axuda:
subvencións directas (ou vantaxes fiscais) por un importe máximo de 800.000 euros por empresa;
garantías estatais subvencionadas sobre os préstamos bancarios;
préstamos públicos e privados con tipos de interese subvencionados;
as capacidades de préstamo existentes dos bancos, utilizadas como canle de apoio para as empresas, en particular ás pequenas e medianas empresas, xa que se trata claramente de axudas directas aos clientes dos bancos e non aos propios bancos;
O obxectivo destas medidas é garantir que as empresas conserven os medios para manter as súas actividades, ou paralizalas temporalmente, sen comprometer ás perspectivas de crecemento a longo prazo.
O 3 de abril,
a Comisión ampliou o Marco Temporal para que os Estados membros puidesen acelerar a investigación, os ensaios e a produción de produtos relacionados co coronavirus, a fin de protexer o emprego e seguir apoiando a economía no marco deste brote. O marco ampliado permite, por tanto, dar apoio a:
as actividades de investigación e desenvolvemento relacionadas co coronavirus
a construción e mellora de laboratorios de ensaio
a elaboración de produtos destinados a atallar o brote de coronavirus
as axudas específicas en forma de adiamentos do pago de impostos ou de suspensións das cotizacións á seguridade social
as axudas específicas en forma de subsidios salariais para os traballadores.
O novo Marco non substitúe senón que complementa ás outras posibilidades de que dispoñen os Estados membros de acordo coas normas sobre axudas estatais, especialmente:
O art. 107(2)(b) do Tratado de funcionamento da UE (TFUE), que permite compensar a empresas ou sectores específicos polos danos causados en circunstancias excepcionais.
O artigo 107(3)(c), que permite axudar a empresas en crises ou con dificultades de liquidez debido a circunstancias excepcionais. As Directrices que regulan esta posibilidade flexibilízanse, ademais, para dar resposta á crise sanitaria.
Estas posibilidades recóllense na
primeira comunicación sobre unha resposta económica coordinada ao brote de coronavirus, de 13 de marzo de 2020.
A Comisión está a aprobar todos os días da semana, mediante procedementos de urxencia, casos de axudas estatais. Case todos os países solicitaron novos réximes de axuda, a maioría en forma de garantías, como os
dous réximes aprobados en España para novos préstamos ou operacións de refinanciamento destinados a autónomos e empresas por un valor de 20.000 M€. Reino Unido e Alemaña puxeron en marcha programas de subvencións directas para empresas; Letonia, un sistema de préstamos bonificados e Luxemburgo, outro de anticipos reembolsables.
En España tamén se aprobou a creación dun marco nacional temporal que permite ás autoridades españolas (a nivel nacional, rexional e local) conceder axudas para apoiar aos autónomos, as pemes e as grandes empresas para cubrir necesidades inmediatas de capital circulante ou de investimento.
Un resumo de todos os réximes de axuda aprobados até agora pode consultarse
aquí.
Última actualización: 17 de abril de 2020