Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin
Os dirixentes da UE acordaron o 16 de marzo unha restrición temporal coordinada das viaxes non esenciais de fóra ao interior da UE durante 30 días. A aplicación desta restrición guíase por unhas directrices que a Comisión Europea publicou días despois, nas que se explica, por exemplo, como esta restrición non afecta ás repatriacións de nacionais comunitarios. 

O 13 de abril, a Comisión Europea invitou aos Estados membros a prorrogar a restrición das viaxes non esenciais á UE ata o 15 de maio. A experiencia mostra que se requiren máis de 30 días para que as medidas aplicadas para loitar contra a propagación do virus sexan eficaces.

Moitos Estados membros instauraron controis nas fronteiras interiores da UE para controlar a expansión do virus (consultar aquí o mapa de restricións). No entanto, a UE trata de garantir unha xestión fluída nestas fronteiras para a subministración de bens e servizos esenciais, para o retorno de cidadáns europeos aos seus países de orixe e para facilitar as actividades esenciais dos traballadores transfronteirizos e de tempada. Con este propósito, a Comisión publicou unhas directrices dirixidas aos Estados membros o 31 de marzo. 

Un equipo europeo de expertos COVID-19  

A axencia da UE encargada de contribuír á defensa de Europa contra as enfermidades infecciosas, o Centro Europeo para a Prevención e o Control das Enfermidades (ECDC) emite unha avaliación continua do risco para a poboación da UEOs datos  actualizados da pandemia na UE poden consultarse nesta ligazón.  

O 17 de marzo, tras recibir un mandato do Consello, a Comisión Europea creou un panel consultivo sobre COVID-19  composto por sete expertos epidemiólogos e virólogos para formular propostas de resposta baseadas en datos científicos e coordinar as medidas de xestión de rescos. Co asesoramento deste grupo e do Centro Europeo de Prevención e Control de Enfermidades e do panel asesor COVID-19, a Comisión Europea publicou as primeiras recomendacións sobre unha estratexia comunitaria para a realización de probas diagnósticas o 19 de marzo e sobre a resiliencia dos sistemas de saúde o 30 de marzo. 


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante