A Fundación Galicia Europa convocou o 18 de abril de 2018, mediante a publicación do
anuncio no Diario Oficial de Galicia, unha praza de asesor técnico con carácter interino para a súa oficina de Bruxelas.
O posto ten como función principal asistir á directora da devandita oficina na proposta, programación, e execución das actividades da Fundación Galicia Europa en cada nos seguintes ámbitos de actuación:
- Defensa dos intereses galegos perante a UE
- Información sobre a Unión Europea en Galicia
- Formación e sensibilización sobre a Europa en Galicia
- Promoción da participación galega en proxectos europeos