Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...
Europe Direct: liña directa de información xeral entre a UE e os cidadáns a través dun número de teléfono gratuito, os centros de información e o correo electrónico.
GALICIA
Solvit: rede en liña para a resolución de problemas resultantes da incorrecta aplicación da lexislación relativa ao mercado interior por parte das administracións públicas. Tramita reclamacións de cidadáns e empresas.
CSS (Servizo de Orientación aos Cidadáns): servizo gratuíto e personalizado sobre a normativa europea prestado por un equipo de asesores xurídicos en todas as linguas da UE.
ECC-Net (The European Consumer Centres Network): servizo gratuíto informativo sobre a normativa europea relativa aos dereitos de consumidores.
FIN-NET: (Financial Dispute Resolution Network): rede para resolver por vía extraxudicial conflitos entre consumidores e provedores de servizos financeiros (bancos, compañías de seguros...) establecidos noutro Estado membro do Espazo Económico Europeo.
Enterprise Europe Network: rede establecida en toda a UE que ofrece servizos de información e asesoramento ás empresas en temas europeos.
GALICIA
A Enterprise Europe Network dá cobertura ao noroeste de España (Asturias, Cantabria, Castilla y León Galicia) a través do consorcio de entidades Galactea Plus. As entidades galegas que forman parte del son:
Eurodesk: rede de centros de información relevante para xente nova sobre temas da UE.
GALICIA
Puntos de contacto para o recoñecemento de cualificacións profesionais: ofrecen asesoramento para as persoas que queren exercer unha profesión regulada noutro país da UE. Os profesores, fisioterapeutas e enfermeros son as profesións reguladas que gozan dunha maior mobilidade na UE.
ENIC/NARIC: rede de centros nacionais para o recoñecemento de títulos e diplomas académicos dentro da UE
EUROPASS: conxunto de documentos que axuda aos demandantes de emprego a presentar as súas cualilficacións e capacidades laborais de maneira sinxela e facilmente comprensible en toda a UE.
EUROGUIDANCE: rede de centros distribuídos por toda Europa que informa ás persoas deseosas de traballar noutro país da UE das oportunidades de traballo ou formación. Xestiona o portal Ploteus sobre as posibilidades de formación en todo o espazo europeo.
ESPAÑA
Dirección General de Educación, Formación Profesional e InnovaciónEducativa
Subdirección General de Formación Profesional
Servicio de Orientación Profesional
Centro Nacional de Recursos para la Orientación Profesional
C/ Los Madrazo, 17, 4ª planta
E-28071 Madrid
Teléfono: +34 91 701 84 65
Fax: + 34 91 701 86 24
EURES: rede que facilita a colocación dos demandantes de emprego noutros países da UE. O seu portal web publica as ofertas de traballo dos servizos públicos de emprego de todos os países da UE e permite aos demandantes presentar a súa candidatura a través dun CV en liña. EURES dispón tamén dunha rede de 700 conselleiros que informan sobre as cuestións legais administrativas e prácticas para traballar noutro país.
CDE (Centros de Documentación Europea): rede de centros que dispoñen das publicacións oficiais da UE , así como das obras e estudos sobre o proceso de integración e as políticas europeas. O persoal asesora a investigadores, estudantes e ao público xeral na súa procura de documentación sobre temas europeos.
GALICIA
EURAXESS: servizo de apoio e información práctica para facilitar o emprego e a mobilidade dos investigadores en toda a UE.
7. ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
Sistema de Información do Mercado Interior (IMI): Aplicación web segura concebida para que as autoridades nacionais, rexionales e locais podan comunicarse dun xeito rápido e sinxelo coas súas homólogas doutros países co fin de asegurar o bo funcionamento da lexislación do mercado único europeo. Na actualidade, o IMI ocúpase do reconocemento de cualificacións profesionais e da aplicación da Directiva de Servizos.
© Fundación Galicia Europa
Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante