Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...
Co fin de potenciar a competitividade do sector público e privado galego e preparar a sociedade galega en xeral de cara a redución dos fondos europeos a partir de 2013, a Fundación Galicia Europa, a traves das súas dúas oficinas en Santiago e en Bruxelas, promove a participación de entidades galegas (con especial atención ás pemes) en proxectos europeos desenvolvendo as seguintes actividades:
Nos últimos anos, diversas entidades públicas e privadas teñen recibido o apoio da FGE, ben sexa na fase preliminar dos proxectos (busca de fontes de financiamento e de socios) ou na súa execución. A mesma Fundación Galicia Europa ten participado en diferentes proxectos europeos relacionados principalmente co ámbito da xuventude, co fin de promover entre os máis novos o coñecemento e participación na Unión Europea. Tal é o caso de EcoInnova, Mobilitas, Participa ou Yang.
Máis información no apartado Financiamento comunitario
© Fundación Galicia Europa
Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante