Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...
Obxecto
A Fundación Galicia Europa convoca cinco axudas para a realización de prácticas que se desenvolverán na súa oficina en Bruxelas ó longo do ano 2010, dirixidas ao persoal ao servizo das entidades membros e asociadas desta entidade.
A finalidade que se persegue é que, contando coa colaboración do persoal da Fundación destinado en Bruxelas e dos contactos que a través deste se poidan establecer coas institucións comunitarias, as persoas seleccionadas afonden no coñecemento dos temas comunitarios que sexan de interese para as entidades das que dependan.
Datas
Os cinco períodos de prácticas concedidos realizaranse ao longo do ano 2010, a partir do momento da súa adxudicación e antes da fin do ano 2010, segundo o calendario que a Fundación Galicia Europa estableza de acordo co interesado.
Lugar
Na oficina de Bruxelas da Fundación Galicia Europa.
Características da convocatoria
A duración de cada unha das estadías realizadas que se convocan non poderá ser superior a sete días. A Fundación Galicia Europa financiará os gastos de viaxe, aloxamento e manutención, por un importe de 1.200,00 €, que se reintegrarán ao beneficiario tras a presentación da memoria do traballo realizado.
No suposto de non concederse todas as axudas, o remanente orzamentario podería ser incorporado a calquera das modalidades do programa de actuacións que, con carácter xeral, convoca a Fundación Galicia Europa.
Requisitos dos beneficiarios
Prazo e presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 31 de xaneiro de 2010.
As persoas interesadas deberán dirixir un escrito de solicitude ao Director da Fundación Galicia Europa, presentalo no rexistro ou ben remitilo por correo certificado con acuse de recibo á sede da Fundación Galicia Europa, sita en Rúa dous Feáns nº 3C baixo, 15706, Santiago de Compostela.
Esta solicitude deberá acompañarse do currículum vitae e da documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos esixidos na convocatoria e méritos alegados. Ademais, deberá achegar unha memoria explicativa na que se faga constar o obxecto da estadía, así como o interese ou relevancia da mesma para o mellor exercicio ou desenvolvemento das competencias do seu posto de traballo. O interesado indicará, ademais, as datas preferentes para a realización da estadía.
Da mesma forma, deberá aportarse autorización asinada polo xefe de persoal ou superior competente da entidade membro da que dependa o interesado.
Para a concesión das axudas darase preferencia a aqueles candidatos que se ocupen de funcións que demanden unha ampliación de coñecementos en relación con temas comunitarios e que acrediten estudos ou traballos realizados neste senso, así como a aqueles candidatos que non obtiveran anteriormente estas axudas.
© Fundación Galicia Europa
Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante