6 de decembro (Bruxelas). Primeira edición dos Premios Europeos de Servicios Sociais Europeos
A
European Social Network, rede europea de organismos públicos encargados dos servizos sociais, organiza a primeira edición dos Premios Europeos de Servizos Sociais Europeos, cuxa cerimonia de entrega será o próximo 6 de decembro no Comité Europeo das Rexións (CdR). A Xunta de Galicia ocupa a vicepresidencia nesta plataforma europea, e está nomeada no certame dentro da categoría de ”mellores prácticas de colaboración” polo Proxecto Mandela de reinserción social de presos.