Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...
OBXECTIVOS
Nada en 1973 a Conferencia de Rexións Periféricas Marítimas (CRPM) é un organismo independente que se comunica coas Institucións Europeas e Gobernos nacionais para que as necesidades e intereses das súas Rexións membros sexan tidos en conta en todas as políticas que teñen fortes impactos territoriais. En particular, a CRPM insiste na consecución dunha política rexional europea forte destinada a todas as rexións de Europa. Á súa vez busca lograr unha política marítima integrada que poida contribuír ao crecemento económico en Europa.
Actividades principais
A CRPM busca unha forte cohesión territorial no continente Europeo.
Traballa pola promoción dun desenvolvemento máis equilibrado de todas as rexións de Europa e polo incremento da competitividade rexional.
A súa acción concéntrase en todas aquelas políticas que teñen un forte impacto territorial, como os transportes, a agricultura e o desenvolvemento rural, investigación e desenvolvo emprego e inclusión social
Paralelamente, a CRPM traballa pola valorización da dimensión marítima de Europa, subliñando a importancia dunha política marítima integrada, dunha maior rexionalización da Política Pesqueira Común á vez que unha seguridade marítima que responda ao crecente número de trafico sobre os nosos océanos.
Para a CRPM, a promoción do desenvolvemento sustentable e a protección do medio ambiente e da biodiversidade son tamén temáticas prioritarias. Considerando de relevancia crucial as políticas enerxéticas á vez que a mitigación e adaptación ao cambio climático.
Nun contexto mundializado, a CRPM contribúe ao posicionamento das Rexións no seu contexto próximo e sobre a escena internacional traballando tamén para afirmar o papel das Rexións na Axuda ao desenvolvemento.
Finalmente, a CRPM encárgase de reforzar a participación das Rexións na definición e a aplicación de todas as políticas europeas (gobernanza).
FORMAS DE ACTUACIÓN
A acción da CRPM é á vez operacional e política.
A CRPM tendo en conta os seus 4 modos de actuación é:
- Unha mina de proxectos de cooperación
Como gran rede, ao CRPM favorece a posta en marcha de proxectos de cooperación concretos entre os seus membros. Estimulándoos, encadrándoos e investindo nalgúns deles directamente.
- Un federador de intereses rexionais
Como foro politico, a CRPM axuda á articulación dos intereses comúns das rexións periféricas e marítimas a nivel europeo. Sendo o primeiro corpo en lograr rteunir ás rexións europeas para discusión e debate, adquirindo gran audiencia cos anos.
- Unha fonte activa de proposicións
Dotada de recoñecida experiencia e de acceso privilexiado a informacións, a CRPM propón ás súas rexións miembras e aos seus interlocutores europeos, análises perspicaces sobre os temas tocantes aos seus territorios.
- A voz representativa das rexións
Exercendo presión nos Estados e Institucións Comunitarias, a CRPM asegura a promoción das posicións adoptadas polos seus membros. Velando así, no momento de concepción da lexislación comunitaria a que os intereses das súas Rexións membros sexan tidos en conta.
ORGANIZACION
Estatutos da CRPM
Os estatutos fixan o común das regras de adhesión, de organización e de funcionamento da CRPM
A Asemblea Xeral
Todas as rexións miembras da CRPM se reunen unha vez ao ano en Asemblea Xeral. Esta Asemblea fixa as orientacións e o orzamento da Conferencia.
A Oficina Política
O colexio das Rexións Membros de cada Estado designa no seu seo un representante e un suplente na Oficina Política. O seu mandato é por 2 anos. A Oficina reúnese 2 veces por ano. Propón as orientacións políticas da Conferencia e executa as decisións da Asemblea Xeral. O Presidente e os Vicepresidentes poden reunirse en ?Colexio Executivo? en caso de necesidade.
O Presidente
Elixido pola Oficina por un mandato de 2 anos e representa a Conferencia.
As Comisións Xeográficas
Buscan facilitar a descentralización e a profundización dos traballos o máis preto da realidade mariña como sexa posible, sendo 6:
-Arco Atlántico
-Balcáns/Mar negro
-Illas
-Intermediterráneo
-Mar Báltico
-Mar do Norte
O Secretariado Xeral
Dirixido polo Secretario Xeral, asegura o funcionamento da Conferencia.
O Tesoureiro
Asistido por un Comité Financeiro
© Fundación Galicia Europa
Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante