Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Bolsas de formación en prácticas na Fundación Galicia Europa en temas relacionados coa Unión Europea dirixidas a licenciados (2009)

Obxecto
Convócanse cinco bolsas para a realización de prácticas na Fundación Galicia Europa dirixidas a licenciados universitarios. As prácticas terán por obxecto que os adxudicatarios poidan especializarse en temas relacionados coa Unión Europea.

Datas
As prácticas comezarán o 15 de xaneiro de 2009 e rematarán o 15 de decembro de 2009.

Lugar de desfrute
Das cinco bolsas convocadas dúas desenvolveranse na sede de Santiago de Compostela da Fundación Galicia Europa e tres na sede desta entidade en Bruxelas (Bélxica).
Os beneficiarios que resulten elixidos logo do proceso de selección poderán expresar, nun primeiro termo, a súa preferencia polo lugar de desfrute da bolsa. Esta preferencia terase en conta, sen prexuízo da potestade da Fundación Galicia Europa de valorar a idoneidade dos candidatos para calquera dos destinos, en función dos coñecementos lingüísticos e da formación académica acreditada polo solicitante ou das necesidades de servizo da Fundación Galicia Europa.

Requisitos de admisión

  • Ser nacional dun dos Estados membros da Unión Europea.
  • Ter nado en Galicia, ser fillo de galegos ou ter residencia en Galicia desde antes do 31.12.2006.
  • Estar en posesión dun título universitario superior, obtido nos cinco últimos anos.
  • Dominio dos idiomas galego e castelán.
  • Ter coñecementos dos idiomas de inglés e/ou francés.
  • Non ter desfrutado desta bolsa en convocatorias anteriores. Unicamente poderán solicitar estas estadías de prácticas os adxudicatarios da convocatoria anterior incorporados por substitución despois do 30 de xuño do 2008.

Contía
A contía bruta individual das axudas para todo o período será de 11.000 euros para os licenciados en prácticas en Santiago de Compostela e de 13.160 euros para os destinados na sede de Bruxelas. Para estes últimos, establécese unha axuda complementaria de 400€ en concepto de viaxe que se lles aboará unha vez comezadas as prácticas. O pago da bolsa dividirase en mensualidades. Aqueles adxudicatarios que non finalicen o período de prácticas outorgado deberán reembolsar o 50% da contía equivalente a unha mensualidade completa.

Prazo de presentación das solicitudes
A solicitude será remitida por correo certificado con acuse de recibo ou presentada no rexistro da Fundación Galicia Europa (R/ Feáns, 3C baixo 15706 – Santiago de Compostela, ou Rue de la Loi 38, 2º 1040 Bruxelles), ata o 10 de novembro de 2008.
As solicitudes deberán presentarse no formulario anexo á convocatoria, xunto co CV, documentación que acredite o cumprimento dos requisitos e copia dos títulos que se valorarán no apartado “Proceso de selección”.

Proceso de selección
O proceso de selección dos beneficiarios das bolsas constará de dúas partes: unha valoración do expediente académico, das cualificacións e experiencia acreditadas e unha proba práctica. Cada parte valorarase ata 10 puntos, sendo posible obter un máximo de puntuación no proceso de selección de 20 puntos.
Calificacións e experiencia, ata un máximo de 10 puntos.
A efectos da súa consideración atenderase ao seguinte baremo :
Expediente académico: ata 4 puntos.
Prácticas en institucións comunitarias ou noutras entidades con actividade no eido comunitario: 0,10 puntos por mes ata un máximo de 1 punto.
Masters universitarios ou cursos de posgrao relacionados con asuntos europeos: ata 2,5 puntos.
Coñecementos de ofimática: ata 2,5 puntos.
A proba práctica constará de dous exames.
a) un exame tipo test de coñecementos da Unión Europea redactado en galego e castelán.
b) un exame tipo test de inglés e/ou un exame tipo test de francés.
A proba práctica desenvolverase simultaneamente en Santiago de Compostela e en Bruxelas. A proba práctica terá lugar o día 19 de novembro de 2008 ás 10:00 horas na sede da Escola Galega de Administración Pública (rúa Madrid 2.4, Polígono de Fontiñas, Santiago de Compostela) e nas oficinas da FGE no caso do exame de Bruxelas. Convocarase a esta proba a aqueles solicitantes que cumpran os requisitos de admisión antes mencionados. Para este fin, e con anterioridade a esa data publicarase na páxina web da Fundación Galicia Europa (www.fundaciongaliciaeuropa.eu) unha lista de admitidos. As bolsas concederanse aos candidatos que obteñan as cinco mellores puntuacións globais do proceso de selección.
No caso de que algún ou algúns dos concesionarios da bolsa renunciasen á mesma procederase a conceder esta ao candidato inmediatamente posterior na lista resultante do proceso de selección. A presente convocatoria de bolsas se completa co documento de condicións particulares que pode ser consultado na web da FGE ou solicitarse en calquera das súas oficinas (Santiago de Compostela ou Bruxelas).

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante