Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Axudas para titulados universitarios que obteñan prácticas non remuneradas nunha Institución da Unión Europea (2009)

Obxecto
Convócanse dezaoito mensualidades de bolsa para financiar períodos de prácticas non remunerados nas institucións comunitarias durante o ano 2009.

Datas
O desfrute das mensualidades deberá ter lugar ó longo do ano 2009.

Lugar de desfrute
Dada a natureza das bolsas, estas poderán disfrutarse no lugar da sede da Institución de que se trate. Aos efectos da presente convocatoria de bolsas entenderase por “Institucións” as definidas como tales nos artigos 189 e seguintes da parte quinta do Tratado Constitutivo da CE e as axencias ou delegacións exteriores destas Institucións e Organismos. Exclúense desta convocatoria as entidades que aínda que conten con calquera tipo de financiamento europeo para o seu funcionamento non dependan orgánica, funcional ou laboralmente das Institucións antes mencionadas.

Requisitos

  • Posuír o compromiso escrito da correspondente Institución da Unión Europea (no senso anteriormente descrito) no que se acepte a solicitude do candidato para a realización dunha estancia non remunerada.
  • Posuír a nacionalidade dalgún dos Estados membros da Unión Europea.
  • Ter nado en Galicia, ser fillo de galegos ou ter residencia en Galicia desde antes do 31.12.2006.
  • Non ter desfrutado, en convocatorias anteriores, de cinco mensualidades de bolsa para as mesmas prácticas non remuneradas.

Duración
Financiaranse un máximo de cinco meses para cada período de prácticas.

Contía
A contía da bolsa será de 900 euros por mes en concepto de aloxamento e manutención. Os gastos de transporte e seguros correrán por conta dos adxudicatarios da bolsa.

Presentación de solicitudes
As solicitudes serán remitidas por correo certificado con acuse de recibo ou presentadas no rexistro da Fundación Galicia Europa (R/ Feáns, 3C baixo 15706 – Santiago de Compostela, ou Rue de la Loi 38, 2º 1040 Bruxelles), antes do 31 de outubro de 2009.
Xunto coa solicitude da bolsa, segundo o modelo do anexo I, deberá presentarse currículo vitae e copias do expediente académico e da restante documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos esixidos.

Selección
A resolución destas bolsas realizarase de forma inmediata segundo a orde de recepción de solicitudes ata esgotar o crédito orzamentado. A adxudicación das mesmas efectuarase tendo en conta os méritos acreditados, a proposta de prácticas ofrecidas ao solicitante e se o mesmo ten desfrutado anteriormente destas bolsas.

Convocatoria

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante