Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Bolsas para a realización de estadías na oficina da Fundación Galicia Europa en Bruxelas dirixidas ao persoal ao servizo das entidades membros e asociadas do seu Padroado (2009)

Obxecto
A Fundación Galicia Europa convoca cinco axudas para a realización de prácticas a desenvolver na súa oficina en Bruxelas ó longo do ano 2009, dirixidas ao persoal ao servizo das entidades membros e asociadas desta entidade.
A finalidade que se persegue é a de que, contando coa colaboración do persoal da Fundación destinado en Bruxelas e dos contactos que a través deste se poidan establecer coas institucións comunitarias, as persoas seleccionadas afonden no coñecemento dos temas comunitarios que sexan de interese para as entidades das que dependan.

Datas
Os cinco períodos de prácticas concedidos realizaranse ao longo do ano 2009, a partires do momento da súa adxudicación e antes do fin do ano 2009, desenvolvéndose segundo o calendario que a Fundación Galicia Europa estableza de acordo co interesado.

Lugar de desfrute
Na oficina de Bruxelas da Fundación Galicia Europa.

Características da convocatoria
A duración de cada unha das estadías realizadas que se convocan non poderá ser superior a sete días. A Fundación Galicia Europa financiará os gastos de viaxe, aloxamento e manutención, por un importe de 1.200,00 €, que se reintegrarán ao beneficiario trala presentación da memoria do traballo realizado.
No suposto de non concederse todas as axudas, o remanente orzamentario existente podería ser incorporado a calquera das modalidades do programa de actuacións que, con carácter xeral, convoca a Fundación Galicia Europa.

Requisitos dos beneficiarios:
a)Formar parte do cadro de persoal dalgunha das entidades membros e asociados do Padroado da Fundación Galicia Europa (Xunta de Galicia, Banco Pastor, Caixa Galicia, Caixanova, Consorcio Zona Franca de Vigo, Cámaras de Comercio Galegas, Deputacións da Coruña, Pontevedra e Ourense).
b)Ter completado estudos universitarios.
c)Acreditar documentalmente un bo coñecemento de inglés e/ou francés.

Prazo e presentación de solicitudes:
Durante o ano 2009, estas bolsas foron convocadas en dúas ocasións, ao non concederse todas as prazas na primeira convocatoria de 31 de outubro de 2008, que rematou o 30 de xaneiro de 2009. Na segunda convocatoria de 10 de setembro, o prazo finaliza o 30 de setembro de 2009.

As persoas interesadas deberán dirixir un escrito de solicitude ao Director da Fundación Galicia Europa, presentándoo no rexistro ou ben remitíndoo por correo certificado con acuse de recibo á sede da Fundación Galicia Europa, sita en Rúa dous Feáns nº 3C baixo, 15706, Santiago de Compostela.

Esta solicitude deberá acompañarse de currículum vitae e documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos esixidos na convocatoria e méritos alegados, así coma dunha memoria explicativa na que se faga constar o obxecto da estadía a realizar, así coma o interese ou relevancia da mesma para o mellor exercicio ou desenvolvemento das competencias do seu posto de traballo. O interesado indicará, ademais, as datas preferentes para a realización da estadía.
Así mesmo, deberá aportarse autorización asinada polo xefe de persoal ou superior competente da entidade membro da que dependa o interesado.

Para a concesión das axudas darase preferencia a aqueles candidatos que se ocupen de funcións que demanden unha ampliación de coñecementos en relación con temas comunitarios e que acrediten estudos ou traballos realizados neste senso, así como a aqueles candidatos que no obtiveran anteriormente estas axudas.

Primeira convocatoria de 31 de outubro de 2008

Segunda convocatoria de 10 de setembro de 2009

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante