Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...
Obxecto
A Fundación Galicia Europa convoca catro bolsas de seis meses para financiar períodos de prácticas en empresas, asociacións ou consorcios de empresas, durante o ano 2009 en temas relacionados co comercio exterior. Estas bolsas están dirixidas a titulados de Formación Profesional.
Datas
As prácticas comezarán en xaneiro de 2009 e rematarán en xuño/xullo de 2009.
Lugar de desfrute
As bolsas convocadas desenvolveranse en empresas, asociacións ou consorcios de empresas que teñan a súa sede en Galicia.
Os beneficiarios que resulten elixidos logo do proceso de selección poderán expresar, nun primeiro termo, a súa preferencia pola provincia ou provincias galegas nas que desfrutar da bolsa. Esta preferencia terase en conta, sen prexuízo da potestade da Fundación Galicia Europa de valorar a idoneidade dos candidatos para calquera dos destinos dispoñibles, en función da formación académica acreditada polo solicitante ou das necesidades de servizo da Fundación Galicia Europa.
Requisitos de admisión
Contía
A contía bruta individual das axudas para todo o período será de 3.690 euros. O pago da bolsa dividirase en mensualidades. Aqueles adxudicatarios que non finalicen o período de prácticas outorgado deberán reembolsar o 50% da contía equivalente a unha mensualidade completa.
Os gastos de transporte e seguros correran por conta dos adxudicatarios da bolsa.
Prazo de presentación das solicitudes
As solicitudes será remitidas por correo certificado con acuse de recibo ou presentadas no rexistro da Fundación Galicia Europa (R/ Feáns, 3C baixo 15706 – Santiago de Compostela), ata o 10 de novembro de 2008.
As solicitudes deberán presentarse no formulario anexo á convocatoria, xunto co CV, documentación que acredite o cumprimento dos requisitos e copia dos títulos que se valorarán no apartado “Proceso de selección”.
Proceso de selección
O proceso de selección dos beneficiarios das bolsas constará de dúas partes: unha valoración do expediente académico, das calificacións e experiencia acreditadas e unha proba práctica. Cada parte valorarase ata 10 puntos, sendo posible obter un máximo de puntuación no proceso de selección de 20 puntos.
Calificacións e experiencia, ata un máximo de 10 puntos.
A efectos da súa consideración atenderase ao seguinte baremo :
Nota media do expediente: ata 4 puntos.
Prácticas en empresas en materias relacionadas co comercio exterior: 0,10 puntos por mes ata un máximo de 1 punto.
Cursos, xornadas e seminarios relacionados co comercio exterior: ata 2,5 puntos.
Coñecementos de ofimática: ata 2,5 puntos.
A proba práctica constará de dous exames.
a) un exame tipo test de coñecementos de comercio exterior redactado en galego e castelán.
b) un exame tipo test de inglés.
A proba práctica terá lugar o día 19 de novembro de 2008 ás 10:00 horas na sede da Escola Galega de Administración Pública (rúa Madrid 2-4, Polígono de Fontiñas, Santiago de Compostela). Convocarase a esta proba a aqueles solicitantes que cumpran os requisitos de admisión antes mencionados. Para este fin, e con anterioridade a esa data publicarase na páxina web da Fundación Galicia Europa (www.fundaciongaliciaeuropa.eu) unha lista de admitidos ás probas.
As bolsas concederanse aos candidatos que obteñan as catro mellores puntuacións globais do proceso de selección. No caso de que algún ou algúns dos concesionarios da bolsa renunciasen á mesma procederase a conceder esta ao candidato inmediatamente posterior na lista resultante do proceso de selección. A presente convocatoria de bolsas completarase co documento de condicións particulares que pode ser consultado na Web da FGE ou solicitarse en calquera das súas oficinas (Santiago de Compostela ou Bruxelas).
© Fundación Galicia Europa
Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante