16/02/2022
Aberto o prazo para solicitar as prácticas no Consello
- O prazo de inscrición remata o 15 de marzo
Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2022. Abre o prazo para solicitar as prácticas remuneradas na Secretaría Xeral do Consello, que ten por obxectivo que as persoas solicitantes experimenten de primeira man o traballo da institución e adquiran coñecementos prácticos sobre o traballo da Unión Europea no seu conxunto.
As funcións principais que terá que desenvolver as persoas seleccionadas serán: a preparación de reunións e actas; a asistencia a reunións dos órganos preparatorios do Consello e do COREPER; a redacción de informes e tamén a investigación sobre proxectos concretos.
Quen pode inscribirse? Todas aquelas persoas con nacionalidade dalgún países membro da Unión Europea, con titulación universitaria (en eidos como Dereito, Ciencias Políticas, Relacións Internacionais ou Economía, aínda que tamén se procuran outras titulacións) e cun nivel mínimo de C1 en inglés e/ou francés. Ademais, as persoas solicitantes non poderán ter desfrutado de calquera tipo de prácticas (remuneradas ou non) ou emprego durante máis de seis semanas nunha institución, órgano ou organismo da Unión Europea.
O prazo finaliza o 15 de marzo, para comezar no mes de setembro (2022) até xaneiro (2023).
Accede á oferta a través da seguinte
ligazón.
GUÍA DE PRÁCTICAS DA FUNDACIÓN GALICIA EUROPA