Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

02/02/2022

Oportunidades de prácticas na Unión Europea

5500F_1643811939_FREEPIK_laptop-computer-and-book-on-workplace-in-library-room.jpg
  • Os prazos de solicitude finalizan este mes de febreiro
Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2022. Desde a Fundación Galicia, achegamos as diferentes oportunidades de prácticas en institucións e organismos europeos, dirixidas a diversos perfís e con diferentes requirimentos.

PRÁCTICAS NAS DELEGACIÓNS DO SERVIZO EUROPEO DE ACCIÓN EXTERIOR

Como cada mes, as convocatorias nas diferentes delegacións do SEAE publícanse de maneira regular na súa páxina web, polo que che recomendamos botarlle unha ollada por se algunha se axusta ao teu perfil.

EURODESK
  • O prazo remata o 13 de febreiro
A rede EURODESK ten aberta unha convocatoria de prácticas na súa sede de Bruxelas no eido do Deseño Gráfico. Esta oportunidade está dirixida a aquelas persoas que:
  • Teñan estudos en deseño gráfico ou similares.
  • Dispoñan de coñecemento de programas como Adoble InDesign, Illustrator e Photoshop.
  • Conten cun nivel de inglés avanzado. 
  • Valoraranse outras cuestións como o manexo de Adobe Premiere Pro ou o interese nas políticas de Xuventude.
Accede a toda a información a través da seguinte ligazón.  

TRIBUNAL DE XUSTIZA DA UNIÓN EUROPEA
  • A data límite é o 28 de febreiro
O Tribunal de Xustiza da Unión Europea é a autoridade xudicial da Unión e, en colaboración cos órganos xurisdicionais dos Estados membros, vela pola aplicación e a interpretación uniforme do Dereito da Unión. Ofrece cada ano un número limitado de prazas para realizar prácticas remuneradas nos gabinetes dos Membros do Tribunal de Xustiza e do Tribunal Xeral da Unión Europea, así como nos servizos do Tribunal de Xustiza, cunha duración de cinco meses (salvo na Dirección de Interpretación, na que o período será de dez a doce semanas).

Os requisitos para poder optar a estas bolsas son:
  • Ser nacional dun Estado membro da UE.
  • Ter unha titulación universitaria en Dereito ou Ciencias Políticas, e para as prácticas na Dirección de Interpretación, un título de intérprete de conferencias.
  • Ter un coñecemento perfecto dunha das linguas oficiais da UE así como un bo coñecemento dunha segunda. Recoméndase que unha das dúas linguas sexa o francés.
Podes atopar máis información na seguinte ligazón.

AUTORIDADE EUROPEA DE VALORES E MERCADOS
  • O prazo está aberto até o 28 de febreiro
A AEVM ten abertas tres convocatorias remuneradas, dirixidas a perfís diferentes:
  • Unha para o seu departamento legal, responsable de ofrecer apoio ao resto de departamentos en materia xurídica. Así, a bolsa diríxese a persoas con titulación universitaria e un nivel de B2 en inglés, ademais doutros méritos que poderán ser tidos en conta como o grao en dereito ou especialización en financiamento comunitario. A duración será de 6 a 12 meses e realizarase na sede de París. 
  • Unha bolsa para o ámbito de mercados financeiros, buscando perfís con titulación universitaria e un nivel de B2 en inglés. Tamén se terán en conta outros méritos, aínda que non son obrigatorios, como unha titulación vinculada ao eido económico, coñecemento sobre mercados financeiros e o emprego de aplicacións de manexo de datos. A duración será de 6 a 12 meses na sede de París. 
  • Unha bolsa de carácter transversal en distintos departamentos, como o de asuntos corporativos ou o de recursos humanos. Polo seu carácter multidisciplinar, os requisitos varían dependendo do posto que se solicite,  mais todas as persoas solicitantes deberán ter titulación universitaria e un nivel B2 de inglés. A duración será de 6 a 12 meses terá lugar na sede de París.
O procedemento será a través da plataforma e-Recruitment. 

Nesta ligazón podes consultar todas as condicións das bolsas. 

CENTRO EUROPEO DE LINGUAS MODERNAS 
  • A data límite é o 28 de febreiro
Todas aquelas persoas interesadas en realizar as prácticas no CELM, teñen a posibilidade de presentarse a catro convocatorias, dirixidas a perfís diferentes:
  • A bolsa en Administración está orientada a persoas con titulación universitaria,  coñecemento de inglés e/ou francés e interese na realización de actividades e tarefas administrativas e de contabilidade. 
  • A bolsa en Xestión Web, de carácter más técnico, diríxese a persoas con titulación universitaria e, preferentemente, un posgrao. Complementariamente, terán que falar inglés e francés. As funcións principais serán actualizar a información da páxina web e realizar publicacións de maneira periódica.
  • Unha bolsa no Centro de Comunicación, Documentación e Recursos, dirixida a persoas cunha titulación relacionada cos eidos de biblioteca, información ou comunicación, e que dispoñan dun gran coñecemento do inglés e/ou do francés, ademais doutras competencias como a motivación e boa organización.
  • O Programa Internship, encargado da organización e loxística, céntrase nos aspectos prácticos da organización de talleres e reunións. 
Consulta na seguinte ligazón toda a información. 

GUÍA DE PRÁCTICAS DA FUNDACIÓN GALICIA EUROPA

Na Guía de prácticas e saídas laborais na Unión Europea e organizacións internacionais poderás atopar máis información sobre diferentes oportunidades dentro da Unión Europea e noutros organismos internacionais.


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante