Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

15/12/2021

A Fundación Galicia Europa, mentora no programa Xuventude Mentoring da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia

5481F_1639570237_xuvmentoring.jpg
  • O programa Xuventude Mentoring ten como obxectivo favorecer a transición á vida laboral das persoas mozas con estudos de grao ou de formación profesional
  • É un programa pioneiro, promovido pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e o Cixug
Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2021. Persoal da oficina de Santiago de Compostela da Fundación Galicia Europa colabora como mentor nun programa pioneiro promovido pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e o Cixug, en colaboración coas tres universidades galegas, e cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, nun 91,89%, con cargo ao Programa Operativo de Emprego Xuvenil 2014-2020: Xuventude Mentoring.

É un programa integral de formación e mentoring destinado a persoas mozas tituladas e inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil na Comunidade Autónoma de Galicia. 

O programa está aberto á participación de máis entidades, empresas, asociacións empresariais ou clústeres, a través da firma dun modelo de adhesión como entidade colaboradora, entre as que se atopa a Fundación Galicia Europa.

Sobre o programa:

POR QUE? 

Porque queremos favorecer a transición á vida laboral das persoas mozas con estudos de grao ou de formación profesional. 

O programa está destinado á mellora das habilidades e competencias para a busca de emprego, tanto por conta propia como por conta allea, a través de accións formativas, actividades de networking e dunha rede de persoas mentoras procedentes do empresariado galego, que ofrecerán asesoramento e apoio.

COMO? 

A través das seguintes accións: 
  • Traballo con persoas mentoras: asesoramento e apoio para a busca de emprego, por conta allea ou por conta propia, coa titorización dunha persoa mentora. 
  • Actividades formativas: de maneira presencial, semipresencial ou en liña, dirixidas a desenvolver habilidades e competencias clave para o teu futuro desenvolvemento profesional.
  • Asistencia a eventos e visitas a empresas destinadas a mellorar a empregabilidade e establecer unha rede de contactos (networking).
  • Seguimento e asesoramento continuado por parte do equipo especializado do programa.
PARA?

As persoas destinatarias do programa:
  • Terán rematados os estudos universitarios ou de formación profesional nunha universidade ou centro de estudos galegos.
  • Estar inscritos e ser beneficiarios do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil no ámbito da Comunidade autónoma de Galicia.
  • Ter máis de 18 e menos de 30 anos e 4 meses.
CANDO?
  • As accións do programa nesta primeira edición desenvólvense entre outubro e decembro 2021. E proximamente anunciaranse novas edicións do programa.
Se tes vocación e queres ser mentor, es profesional con experiencia no teu sector e queres axudar á mocidade na súa transición ao mundo laboral, súmate ao programa #xuventudementoring @xuventudegalicia: https://xuventudementoring.cixug.gal/mentores/


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante