Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

17/02/2022

O Comité Europeo das Rexións reivindica unha maior participación no proceso de toma de decisións da UE

5512F_1645186160_5509F_1645110245_51847057295_db6242e133_c.jpg
— O pasado mes de xaneiro tivo lugar o 148 pleno de Comité Europeo das Rexións no que se debateu sobre a contribución que os entes locais e rexionais deben facer á Conferencia sobre o Futuro de Europa, especialmente na aplicación das políticas climáticas, enerxéticas e de medio ambiente, e no acceso directo ao financiamento da UE.

Bruxelas, 17 de febreiro de 2022.- Durante o último pleno do Comité Europeo das Rexións (CDR) aprobouse unha resolución sobre a contribución dos entes locais e rexionais á Conferencia sobre o Futuro de Europa (COFE). Esta resolución lembra que os principios de subsidiariedade e proporcionalidade son a mellor maneira de garantir unha toma de decisións eficaz e eficiente que reflicta as necesidades reais dos cidadáns.

Entre as principais recomendacións da Resolución cabe destacar as seguintes:
  • O CDR debe pasar gradualmente de ser un órgano consultivo a un órgano de codecisión da Unión Europea en ámbitos políticos clave con impacto territorial.
  • Debe concederse ao CDR acceso aos diálogos tripartitos e documentos  conexos sempre que emitise un ditame sobre a proposta en cuestión con arranxo ao artigo 307 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea (TFUE); ademais, débese atribuír ao CDR a capacidade de propoñer solucións transaccionais aos colexisladores.
  • O CDR considera que as vulneracións do principio do Estado de Dereito deben dar lugar á suspensión dos pagos ou a correccións financeiras e que, no caso de que se adopten tales medidas, os beneficiarios do financiamento da UE —incluídos os entes locais e rexionais— que non sexan responsables das citadas vulneracións deben seguir recibindo apoio financeiro do Estado membro de que se trate.
  • É necesaria unha clara participación institucional dos entes locais e rexionais no deseño e a aplicación das políticas en materia de clima, enerxía e medio ambiente, para o acceso directo ao financiamento da UE, a minimización dos obstáculos burocráticos e para programas coordinados en todos os niveis de gobernanza e, en particular, os plans de investimento en apoio do Pacto Verde Europeo e os plans de recuperación e resiliencia.
  • A Conferencia sobre o Futuro de Europa debe considerarse un punto de partida para un proceso democrático plenamente empoderador a escala europea, nacional, rexional e local; o CDR reitera a necesidade dun debate continuo, verdadeiramente inclusivo, transparente, descentralizado e equilibrado a nivel xeográfico e político sobre o futuro da Unión Europea.
O CDR presentará a súa contribución final á Conferencia sobre o Futuro de Europa no 9º Cumio Europeo de Rexións e Cidades, que se celebrará en Marsella os días 3 e 4 de marzo.

Contexto
A democracia europea é o tema que máis contribucións recibiu da cidadanía na plataforma dixital multilingüe da COFE. As cuestións clave expostas abarcan desde o funcionamento institucional da UE ata a loita contra a desinformación e a protección dos dereitos fundamentais. O papel do Grupo de Traballo sobre Democracia Europea dentro da COFE, presidido polo deputado ao Parlamento Europeo Manfred Weber (DE/PPE), consiste en analizar estas recomendacións da cidadanía e avalialas en relación co marco institucional actual e a súa posible reforma. O  CDR, representado por catro delegados neste Grupo de Traballo, encárgase de dirixir o debate sobre o  subtema da  subsidiariedade, xunto cun representante dos Parlamentos nacionais.

O CDR promove e aplica o principio de subsidiariedade a través do seu labor lexislativo e político, así como mediante iniciativas e redes —entre elas a Rede de Seguemento da Subsidiariedade e RegHub, a rede de centros rexionais para a aplicación e revisión das políticas da UE, e a participación na plataforma «Preparados para o Futuro» da Comisión Europea.

Máis informaciónComité Europeo das Rexións
Delegación de representantes locais e rexionais no pleno da Conferencia.
Informe provisional sobre los diálogos ciudadanos del CDR 


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante