Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

06/12/2021

A Comisión Europea avalía positivamente a solicitude de España dun pago por valor de 10 000 millóns de euros con cargo ao Mecanismo de Recuperación e Resiliencia

5468F_1638791239_roman-wimmers-pIzasX6MfO8-unsplash.jpg
  • É a primeira solicitude de pago presentada por un Estado membro no marco da aplicación do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia, instrumento central do Next Generation EU. O cumprimento por parte de España dos fitos e metas necesarios para este pago debe ser agora avaliado polo Comité Económico e Financeiro do Consello, composto por representantes do 27 Estados membro. 

Bruxelas, 6 de decembro de 2021. A Comisión Europea vén de adoptar unha avaliación preliminar positiva da solicitude por parte de España dun pago por valor de 10 000 millóns de euros con cargo ao Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (MRR). Esta é a primeira solicitude de pago presentada por un Estado membro aprobada pola Comisión e marca un fito importante na aplicación do Mecanismo.

O 11 de novembro de 2021, España presentou á Comisión unha solicitude de pago baseada na consecución dos 52 fitos seleccionados na Decisión de Execución do Consello para o primeiro tramo. Trátase de reformas nos ámbitos da mobilidade sostible, a eficiencia enerxética, a descarbonización, a conectividade, a administración pública, as cualificacións, a educación e a política social, a investigación e o desenvolvemento, a política laboral e fiscal, e o sistema español de auditoría e control da aplicación do MRR. A presentación da primeira solicitude de pago por parte de España seguiu a un período de intensa cooperación entre as autoridades españolas e a Comisión na preparación das probas que demostrasen o cumprimento satisfactorio dos fitos incluídos na solicitude de pago.

Os fitos cumpridos demostran avances significativos na aplicación do plan de recuperación e resiliencia de España e do seu amplo programa de reformas. Abarcan medidas importantes como a Lei de cambio climático e transición enerxética, a reforma do apoio á renda mínima, medidas para apoiar a dixitalización das pemes e fomentar as cualificacións en materia dixital e reformas para reforzar a capacidade de levar a cabo e facer un seguimento das análises de gastos.

Posto que a maioría dos fitos relacionados con esta primeira solicitude de pago xa se alcanzou a finais do segundo trimestre deste ano, a Comisión puido concluír a súa avaliación con maior rapidez que o prazo de dous meses previsto no Regulamento sobre o MRR.

O plan de recuperación e resiliencia español abarca medidas moi amplas de investimento e reforma divididas en tres apartados temáticos. Ascende a 69 500 millóns de euros en subvencións, dos cales o 13 % (9 000 millóns de euros) xa se desembolsaron a España en concepto de prefinanciamento o 17 de agosto de 2021.

Os pagos con cargo ao MRR baséanse nos resultados e dependen de que os Estados membros efectúen os investimentos e reformas expostas nos seus plans de recuperación e resiliencia.

Próximas etapas
A Comisión enviou agora a súa avaliación preliminar positiva do cumprimento por parte de España dos fitos e metas necesarios para este pago ao Comité Económico e Financeiro (CEF) do Consello, pedindo o seu ditame. O ditame do CEF, que debe emitirse nun prazo máximo de catro semanas, debe terse en conta na avaliación da Comisión. Tras o ditame, a Comisión adoptará a decisión final sobre o desembolso da contribución financeira, de conformidade co procedemento de exame, mediante un procedemento de comité de  comitoloxía. Tras a adopción da decisión final, desembolsarase a cantidade a España.

A Comisión avaliará futuras solicitudes de pago de España en función do cumprimento satisfactorio dos fitos e obxectivos indicados na Decisión de Execución do Consello, o que reflectirá os avances na execución dos investimentos e as reformas. Os Estados membros poden presentar estas solicitudes dúas veces ao ano.

Os importes desembolsados aos Estados membros publicaranse no cadro de indicadores de recuperación e resiliencia a finais de ano, que mostrará de maneira transparente os avances na execución dos plans nacionais de recuperación e resiliencia.

Máis información: Comisión Europea
Declaración de la presidenta von der Leyen 
Evaluación preliminar
Preguntas y respuestas sobre la solicitud por parte de España de un pago con cargo a NextGenerationEU
Comunicado de prensa: 9 000 millones de euros de prefinanciación a España
Preguntas y respuestas: Plan de recuperación y resiliencia de España por valor de 69 500 millones de euros
Ficha informativa sobre el plan de recuperación y resiliencia de España
Propuesta de Decisión de Ejecución del Consejo 
Documento de trabajo de los servicios de la Comisión
Mecanismo de Recuperación y Resiliencia
Preguntas y respuestas: Mecanismo de Recuperación y Resiliencia
Web de la UE como prestataria


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante