Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

16/06/2021

A UE despexa o camiño para o Certificado COVID Dixital

Foto: Freepik
  • As institucións europeas celebran o fin do proceso lexislativo para poñer en marcha oficialmente o Certificado  COVID Dixital o 1 de xullo de 2020. 
  • O Certificado permitirá aos cidadáns europeos gozar, de novo, do pleno dereito á libre circulación.
  • O Regulamento sobre o Certificado COVID Dixital foi acordado entre as institucións europeas nun tempo récord de 62 días.
Bruxelas, a 16 de xuño do 2021. Os presidentes das tres institucións da UE, o Parlamento Europeo, o Consello da UE e a Comisión Europea asistiron onte á cerimonia oficial de firma do Regulamento sobre o Certificado  COVID Dixital, que marca o final do proceso lexislativo. 

Certificado  COVID Dixital da UE:
O obxecto do Certificado COVID Dixital é facilitar a circulación libre e segura dentro da UE durante a pandemia de COVID-19. Todos os europeos teñen dereito á libre circulación, tamén sen o Certificado, pero este facilitará as viaxes, ao eximir aos seus titulares de restricións como a corentena.

O Certificado COVID Dixital da UE será accesible para todos e:
  • abarcará a vacinación, as probas  diagnósticas e a recuperación da COVID-19;
  • será gratuíto e estará dispoñible en todas as linguas da UE;
  • existirá en formato dixital e impreso;
  • será seguro e incluirá un código QR coa firma dixital.
Os Estados membros absteranse de impoñer restricións adicionais de viaxe ás persoas titulares do certificado, a menos que ditas restricións sexan necesarias e proporcionadas para salvagardar a saúde pública.

Ademais, a Comisión comprometeuse a mobilizar 100 millóns de euros con cargo ao Instrumento de Asistencia Urxente para axudar aos Estados membros a facilitar probas  diagnósticas alcanzables para todos aqueles cidadáns da UE que aínda non obtiveran as súas vacinas.

O Regulamento aplicarase durante doce meses a partir do 1 de xullo de 2021.

Contexto
O 17 de marzo de 2021, a Comisión Europea presentou unha proposta para crear un Certificado  COVID da UE co que facilitar a circulación libre e segura dos cidadáns dentro da UE durante a pandemia. O 20 de maio, os colexisladores alcanzaron un acordo provisional. O 1 de xuño entrou en funcionamento a estrutura técnica dos sistemas, a pasarela da UE en seis Estados membros e, no que levamos de mes outros 13 países foron adheríndose á pasarela progresivamente. 

Tras a súa firma oficial, o Regulamento entrará en vigor o 1 de xullo, cun período de transición de seis semanas para a expedición de certificados naqueles Estados membros que necesiten máis tempo.

Fonte: Comisión Europea 

Máis información:



Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante